Amigus
As Pontes

Drivers Linux para o módem Sagem Fast 1000

Algún de vos seguro que se pillou o ADSL speedPack de Wanadoo cun módem Sagem Fast 1000. O problema deste módem é que o fabricante non vai facer drivers para Linux, así que se queredes poñelo a funcionar cunha debian ou unha mandrake ou calqueroutra distribución, estades apañados…….
Pero tranquilos, hai xente traballando 😉

sagem.jpg


En sourceforge.net hai un proxecto no que se está a traballar nestos drivers para Linux.
Así que se estades simplemente ‘interesados’ en ve-la súa evolución pasade pola súa páxina, e se estades ‘moooi interesados’, podedes participar no seu desenvolvemento visitando tamén a súa páxina.
Algo parecido ocurre cos drivers da DWL650+ de d-link, e agora xa hai uns drivers que aínda que funcionan só en determinados equipos, van por bo camiño e moooi rápidos.
Noraboa, e ánimo rapaces

También podría gustarte
Comentarios