DÚAS MEDALLAS PARA ALVARIÑO EN COLOMBIA

Xenial actuación do arqueiro pontés en Sudamerica

Sensacional actuación do arqueiro pontés Miguel Alvariño García esta semana pasada en Medellín onde obtivo dúas medallas no Copa do Mundo.

Na competición individual foi decimoterceiro nas tiradas previas, con 672 puntos, e xa nas roldas eliminatorias foi vencendo sucesivamente ao colombiano Andrés Pila (7-3), o holandés Gigs Broeksma (6-5), ao taiwanés Chung Hen Wei (6-4), a ao turco campión oilímpico en Tokyo20 Mete Gazoz (6-4) antes de meterse na loita polos metáis.

Nas semifinais caeu ante o campión olímpico en Londres12 Mauro Nespoli (1-7), vencendo na loita polo bronce ante o estadounidense Jack Williams (6-4), mentres que o ouro levouno o surcoreano Kim Woojin, tamén campión olímpico en Río16,  ante o transalpino (7-1).

Na competición por equipos, Alvariño, Pablo Acha e Ken Sánchez, coa sétima marca da previa, foron vencendo sucesivamente a equipos tan poderosos como a India (5-1), EEUU (5-3), e 5-1 a Alemania nas semifinais para caer ante o potente equipo surcoreano (Woojin, Deok, Hyek), 0-6 na final colgándose a prata.

Na competición mixta Alvariño e Leyre Fernández pasaron coa undécima marca e  gañaron 6-0 a Ecuador para caer 4-5 na frecha de desempate ante Brasil nunha proba gañada por China Taipei.

Pola súa parte Daniel Castro non tivo fortuna, nas tiradas previas foi 59 dos 91 participantes con 643 puntos, caendo na primeira rolda ante o sexto preclasificado, Nicholas D´Amour, das Illas Virxes, por 0-6, non podendo acceder á competición por equipos ao ser o cuarto dos representantes españois.

Nova cortesía Xose Ferreiro. Foto cortesía RFETA

También podría gustarte
Comentarios