DÉCIMA MEDALLA INTERNACIONAL DE ALVARIÑO NO QUE VAI DE 2022

Tres metais tamén para o arqueiro Dani Castro

Coas dúas medallas en Colombia, Miguel Alvariño García alcanza a magnífica cifra de dez metais en probas internacionais no que vai de ano, dous ouros, catro pratas e catro bronces.

Os seus mellores rexistros chegaron nas probas individuais, xa que Maikel proclamouse Campión Europeo en Alemaña gañando 6-2 na final ante o locatario Florian Unruh, e tamén foi ouro na Copa do Mundo de Turquía ante o australiano Ryan Tyack por un contundente 6-0. Tamén sacou dous bronces nas Copas do Mundo de Corea e Colombia.

Por equipos suma Maikel outros catro metais, prata nos Campionatos de Europa e nos prestixiosos Xogos do Mediterráneo de Alxeria so perdendo ante Italia e Francia, respectivamente, en ambos eventos, amén de plata e bronce nas Copas do Mundo de Colombia e Corea.

Por equipos mixtos tamén sacou Maikel outros dous metais, plata na Copa do Mundo de Francia (con Leyre Fernández), e bronce nos historicos Xogos do Mediterráneo de Alxeria (con Elia Canales).

Anteriormente a este 2022, aparte de participar nos Xogos de Río16, Maikel tivera como resultados máis importantes outros catro ouros, o dos Xogos Europeos de Bakú 2015 ante o holandés Sjef Van den Berg (7-1), e o da gran final da Copa do Mundo de México 2015, ante o francés Jean Charles Valladont (6-2).

Tamén lograra o máis preciado metal, por equipos, na Copa do Mundo de Guatemala 2021, xunto a Dani Castro, tras gañar ao potente equipo estadounidense por 6-2, e por equipos mixtos, xunto a Elia Canales, na Copa do Mundo Turquía 2019 tras vencer 5-3 a Rusia na final.

O tamén pontés Daniel Castro Barcala pola súa banda neste 2022 tamén participou nas medallas de prata conseguidas nos Campionatos Europeos e nos Xogos Mediterráneos, e o bronce na Copa do Mundo de Corea.

Nova cortesía Xose Ferreiro. Foto cortesía RFETA

También podría gustarte
Comentarios