RESULTADOS DO CLUBE GRUPO XUVENIL NA REGATA PROVINCIAL CIRCUITO DIPUTACION
Dezaoito padexeir@as das categorías de promoción prebenxamín, benxamín, alevín e infantil, dos que Javier, Martina, Mario e David debutaban na súa primeira regata, celebrabase o pasado sábado na Ponte Nafonso (Outes) para competir na 4ª regata do circuito provincial da Diputación da Coruña
Participaron máis de 350 rapac@s de 11 clubes da provincia. Os resultados que acadaron forón os seguintes:
- Javier Filgueira Fernández acadou o 5ºposto na categoría prebenxamín.
- Martina García Paz clasificouse 3ª na categoría muller benxamín “A.”
- Xandre Pena Antón acadou o 5º lugar na categoría Home benxamín “A”.
- Xoel Timiraos Pico clasificouse primeiro na categoría home alevín “B”.
- Enos Prieto Permuy acadou o 9º lugar e Dani Ferro Franco o 26º posto despois de volcar na 1ª ciaboga cando iba en 2º lugar, na categoría alevín “B”.
- Xalo Romero Valle foi primeiro clasificado na categoría home alevín “A”
- Xalo Cascudo Montes acadou 6º lugar e Mario Gabeiras Carballeira clasificouse en 11º lugar, ambos na categoría home alevín “A”.
- Omar Penabad Galdo clasificouse en 9º lugar, Bruno Tojeiro Asenjo en 11º lugar e Adrián Filgueira Fernández no 17ª posto entre os 46 participantes na categoría home infantil “B”.
- Antia García Pico acadou o 3º posto e Carmen Alén Bellas o 17º lugar despois de volcar na 1ª ciaboga.
- David Prieto Pena clasificouse en noveno lugar na categoría home infantil “A” na que tamén participaron Fernan Pena Antón e Tomás Menéndez Prado que acadaron clasificados no 17º e 25º respectivamente. Nesta categoría debutaba David Franco Rego que tuvo que retirarse por unha lesión que lle impideu rematar a regata.
Na clasificación final por clubes o Grupo Xuvenil finalizou o 8º posto.
Nova cortesía do Grupo Xuvenil