Amigus
As Pontes

O Día Mundial de Internet amosa o potencial da Rede para crear emprego

Como aproveitar a Rede para emprender e crear traballo. Este será un dos eixos centrais das celebracións do Día Mundial de Internet que nesta edición de 2012 contará con máis de 200 eventos e estará promovido por máis de 800 persoas de tódolos rincóns do mundo.
O xoves 17 de maio se celebra a VII Edición do Día Mundial de Internet e, baixo o lema “¡Víveo!”, os máis de 800 promotores cos que conta o evento buscarán seguir promovendo o bon uso da Rede e achegala a os que aínda non teñen acceso a ela.


A celebración desta edición do Día Mundial de Internet deste 2012 contará con máis de 200 eventos, sendo acto central o convocado por máis de 47 organizacións do Comité de Impulso e que terá lugar ás 12.30 horas no Senado. Neste acto se celebrará un debate plenario e contará coa participación de personalidades como o Ministro de Industria, José Manuel Soria; o presidente da AUI, Miguel Pérez Subias, e outras personalidades do mundo da política, a economía e Internet e que poderá seguirse en directo a través da páxina web http://diadeinternet.org/senado.
Tras este debate terá lugar a entrega de Premios de Internet, nos que se coñecerán os galardoados nas catro categorías: mellor web, mellor empresa, mellor comunicador e mellor iniciativa. Nesta edición se presentaron máis de 860 propostas, o que da mostra da relevancia que xa adquiriron estos premios aos que tamén hai que sumar o Premio Especial á Traxectoria Persoal que a AUI concede este ano a Francisco da Torre, alcalde e senador por Málaga pola súa destacada laboura á hora de facer uso das novas tecnoloxías na súa cidade.
Actividades
Como cada ano, o Día Muncial de Internet contará con numerosas actividades nas que os promotores desta festividade buscarán achegar as novas tecnoloxías a aqueles que aínda non están familiarizados coa Rede. Ademáis, nesta edición as actividades e charlas estarán dirixidas para dar a coñecer o relevante papel que ten Internet e as novas tecnoloxías para os emprendedores e para a creación de emprego, un aspecto chave, especialmente no noso país ante a elevada tasa de desemprego existente en España.

También podría gustarte
Comentarios