Encontros do cincuenta aniversario do CD As Pontes
Empate a dous no partido correspondente ós actos do Cincuentenario do CD As Pontes, no que se puido ver a moitas das vellas glorias que pasaron por ambos equipos. Nun encontro no que o resultado era o de menos, adiantou Manel ós visitantes, pero Lemos de córner directo e logo Mariño deron a volta o marcador. Conseguiu a igualdade no último minuto de penalti Pablito.
Polo As Pontes, nun cadro dirixido por Vilaboy e Rebolo xogaron Carou, Fontao, Alberto, Salido, Fran, Marco Roca, Alfonso, Ramiro, Fernández, Lemos, Mariño, Picos, Miguel, Vili, Rebolo I, Carlos e Felipe Mieres. Polo cadro ferrolán, adestrado por Pacucho e Fernández Amado xogaron Pedro, Palacios, Alberto, Fran Cainzos, Chino, Tucho, Manel, Javi, Pablito, Mella, Pereira, Cholo, Brage, Seijido e Ismael.
O encontro foi arbitrado polo colexiado pontés Evaristo Puentes Leira, que estivo once tempadas na Primeira División, e asistiu o alcalde Valentín Formoso e a Concelleira de Deportes Eva Conde.
Pola mañá tamén se xogou un encontro feminino no que se enfrontou un equipo de veteranas contra as máis noviñas do conxunto azul. Nun partido no que o de menos era o resultado, gañaron as máis maiores por 4 goles a 3, gracias en parte ós 4 tantos dunha Raquel Béjar en estado de gracia, mentres que polas máis novas anotaron Antía en dúas ocasións e Nato de penalti.
Xogaron polas vermellas Bego, Carmen, Paz, Ana, Obdulia, Raquel, Yoli, Raquel Béjar, Meri, Belén e Malena, namentres que polas azuis Alba, Uxía, Andrea Cabarcos, Antía, Natalia, Carmela, Elois, Cris Moirón, Nato e Andrea.
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.