TERCEIRA DIVISIÓN. CD AS PONTES 1 ESTRADENSE 0

Tres importantes puntos os logrados polo As Pontes na tarde de hoxe no encontro disputado ante o Estradense. Puido sentenciar o equipo azul na primeira metade, con ocasións sos diante do porteiro, pra Felipe (11´) e Hugo (36´), o propio Hugo cabeceou ó longueiro no 18´, e puido ser agarrado no seu segundo intento de remate, e no 25´ regatea o porteiro pero escorase demasiado. No comezo da segunda metade (49´) faciase xustiza, Varela pasa a Jordi que fai un gran centro dende a banda esquerda e Hugo cabecea a gol. Pero a raíz do tanto os visitantes foronse hacia arriba, e os locais notaban o esforzo da primeira metade, e a pesar da consitencia da defensa, moi ben Rochela, tiveron os da Estrada as súas ocasións nun tiro de Luis ó longueiro (65´), un cabezazo de Jose Ramón fora por pouco (74), e unha falta de Amoedo ó poste (85´), incluso Damián marcou no 92´pero en lixeiro fora de xogo. Tamén puido marcar Dani nun tiro de fora da área no 66´ ou David Amado en dúas boas ocasións, pero en definitiva tres valiosos puntos pra un As Pontes que agora mesmo é terceiro, por encima dun Racing de Ferrol ó que visitará o vindeiro mércores na Malata e que hoxe puxo fin a súa mala racha tras vencer 0-4 ó Vilalonga.
aspontes_estradense_0001.jpg


1 CD As Pontes. Kiko, Moncho, Javi López, Rochela, Schuster, Dani, Pablo (David Amado 70), Felipe, Hugo (Chote 84), Bossa, Jordi (Juan 75).
0 Estradense. Juan, Angelo (Manuti 43), Rico, Amoedo, Trovo, Iván (Luis 60), Jorge, Unai (Damián 53), J.Ramón, Fafu, Julián.
Goles: 1-0 minuto 49, Hugo Soto, tras rematar un centro de Jordi.
Campo e incidencias: Campo de O Poboado. Uns 250 espectadores en tarde soleada.
Árbitro: Gonzalo Goyanes López (Santiago) Auxiliado nas bandas por Rosende e Silva. Amonestou a Jorge, Amoedo e Javi López
aspontes_estradense_0001.jpg
aspontes_estradense_0001.jpg
aspontes_estradense_0001.jpg
aspontes_estradense_0001.jpg
aspontes_estradense_0001.jpg
aspontes_estradense_0001.jpg
aspontes_estradense_0001.jpg
aspontes_estradense_0001.jpg
aspontes_estradense_0001.jpg
aspontes_estradense_0001.jpg
aspontes_estradense_0001.jpg
aspontes_estradense_0001.jpg
aspontes_estradense_0001.jpg
aspontes_estradense_0001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios