Endesa abrirá o sábado as súas instalacións a 350 visitantes

[aspontes.com] O vindeiro sábado, a central térmica de Endesa abrirá ao público de a pé as súas portas para dar a coñecer o proceso que se desenvolve no seu interior para xerar enerxía eléctrica e a influencia que ten este xigante da enerxía no noso concello.


Xa hai varias semanas lles anunciabamos a posibilidade de tomar parte nesta excursión e tal foi o éxito de convocatoria que, tal e como confirmaron dende a propia firma, as súas previsións quedaronse curtas tendo que crear incluso unha lista de espera para futuras visitas. E é que 350 persoas, divididas en diferentes grupos, participarán nesta actividade na compaña de varios directivos da pranta pontesa.
A visita, de 90 minutos de duración, permitirá descubrir aos participantes os entresixos da producción eléctrica realizada nestas instalacións que, dende os anos 70, é emblema do noso municipio e referencia máis que evidente da nosa paisaxe.
Ademáis das diferentes visitas nas que toman parte maiormente os estudiantes e certos colectivos profesionais, esta é a primeira ocasión na que a central térmica decide abrir as súas portas ao público en xeral e dar a coñecer as melloras tecnolóxicas aplicadas naos últimos anos e que deu lugar á transformación total dos 4 grupos productores para o que foi preciso investir 275 millóns de euros, gracias aos que se reduciron as emisións de CO 2 nun 17% e se prolongou a vida desta pranta por 25 anos máis.

También podría gustarte
Comentarios