ENDESA invirtirá 13 millóns de euros no proxecto do lago
Lendo diariodeferrol.com:
“O proxecto de recuperación do furado da mina de ENDESA, que prevé pecha-la explotación en 2007, unha vez rematado o lignito, suporá unha inversión de 13 millóns de euros, aportados integramente pola compañía, a maioría deles destinados á construcción de taludes e, sobre todo, á dunha canle de seis kilómetros de longo que permitirá o enchido dende o fondo do terreo nun periodo de catro anos.”…
…”A iniciativa, constituirá, xunto coa que Unión Fenosa tamén proxecta para Meirama (Cerceda), unha experiencia única que hoxe será obxecto de análise en Santiago de Compostela.
Técnicos alemáns e ingleses, así como responsables de ámbalas dúas eléctricas, participan no primeiro Encontro de expertos en recuperación ambiental da minería de lignito, convocado polas consellerías de Medio Ambiente, e Innovación, Industria e Comercio.
A experiencia alemana é especialmente trascendente para ENDESA, segundo puxo onte de relevo o director de mina en As Pontes, Francisco Aréchaga. Na extinta República Democrática utilizouse o método do enchido dos furados mediante auga.
Caso distinto é o da Alemania do Este, onde se aplicou o enchido utilizando o estéril procedente doutras minas.
Para Aréchaga, o proxecto pontés cobra especial relevancia dende o punto de vista de que será pioneiro en España e porque a súa configuración no marco da escombreira, que nos últimos anos acolleu a plantación de centos de miles de árbores, pechará un entorno único, ‘casi un ecosistema propio’, no que a fauna, que inclúe máis de 200 corzos -segundo o último reconto- xoga un papel trascendental”…
Fonte: diariodeferrol.com