Endesa reducirá a emisión de máis dun millóns de toneladas de CO2

[A Nosa Terra, por Xurxo Salgado] A central térmica galega Endesa, localizada nas Pontes (A Coruña), reducirá a emisión á atmosfera dun dos gases que incide sobre o cambio climático, o dióxido de carbono, en máis de 1 millón de toneladas cada ano co inicio dos traballos de modernización do último tramo pendente da transformación da central.


Segundo explicou a dirección corporativa de comunicación da empresa, as obras no cuarto grupo das instalacións permitirán, ademais, diminuír anualmente a produción de cinzas en preto dun 93 por cento, o que supón un total de 1,7 millóns menos de cinzas producidas pola central.
Para este proxecto de transformación, a xunta de Endesa contou un presuposto de 275 millóns de euros que se destinaron a reformar os catro grupos de 1.400 megavatios que ten a central e a crear unha nova terminal portuaria en Ferrol. A través destas modificacións, Endesa destacou que “gañará” eficiencia ambiental, mellorará o seu rendemento e prolongará a súa vida útil en 25 anos.
Cortesía: somede

También podría gustarte
Comentarios