ENRIQUE FORNOS COA SELECCIÓN GALEGA NAS ILLAS CANARIAS
O xogador pontés do Deportivo Enrique Fornos foi convocado definitivamente para a segunda fase do Campionato de España que se disputara en diversos lugares do Estado durante a fin de semana.
A selección galega quedou encadrada no Grupo F xunto ó equipo anfitrión e a selección cántabra, e xogará os seus partidos este venres contra os anfitrións e o sábado contra os cántabros, con especial atención ó mediapunta Paulino do Bansander, recentemente convocado pola selección española. Ás 10:00h xogarán os sub16 e ás 12:00h os sub18.
Galicia acude a este torneo con unha victoria sobre Castela A Mancha e unha derrota sobre Aragón, así que deberá tentar vencer os seus dous encontros e agardar ó resto de resultados.
Ademáis de Enrique,a cudirá o seu compañeiro de equipo, habitual nas convocatorias, o xogador de Fene Alberto Leira, e na sub18, outros habituais, o ferrolán Pablo Ramos e o central cedeirés do Racing, Juan Rodríguez.
A selección sub18 vai con tres internacionais, o porteiro Rubén Blanco e os dianteiros Santi Mina e Dani Iglesias, anque tamén foron internacionais alomenos en unha ocasión o medio centro Jordán, o central Roberto, e o sub16 Pintos. Pero non poderá contar co atacante herculino Bicho que dende o 21 ó 26 de Marzo disputará con España a fase de clasificación para o Europeo Sub17, en Croacia, xunto á selección anfitriona, Bélxica e Francia, torneos de clasificación que organiza a Uefa, por estas fechas, achegandonos á Semana Santa, polo do tradicional via crucis onde só se clasificará un equipo. Polo menos, hai dobre premio, a clasificación para o Europeo de Eslovaquia e para o Mundial dos Emiratos Arabes Unidos.
As convocatorias completas de Anxo Doval e Luis Santiago son:
Sub16
RC Celta de Vigo: Álvaro Fernández, Diego Alende, Rubén García, Hugo Pintos, Brais Méndez
RC Deportivo de A Coruña: Enrique Fornos, Aarón Sánchez, Alberto Leira, Pablo Cacharrón
CD Areosa: Antón Alonso, Martín Fuentes
ED Val Miñor: Roberto Doncel, Eloy Rollán
CD Lugo: Edgar Redondo
Pontevedra CF: Jose Filgueira
Pavillón Ourense CF: Saúl González
CD Lérez: Iago Martínez
Bergantiños CF: Iván Baña
Montañeros BG: Pape Cheik Diop
Sub18
R.C. Deportivo de A Coruña: Sergio Pereira, Gabriel Sanin, Dani Iglesias, Roberto Suárez.
RC Celta de Vigo: Rubén Blanco, Jordán Domínguez, Santi Mina, Fede Nicolás.
CD Lugo: Julio Camba, Alberto Vilariño
Montañeros BG: Pablo Ramos, Alex Ares
Racing de Ferrol: Juan Rodríguez
SD Compostela: Mateo Mariño
Pavillón Ourense: Diego García
CD Lérez: Bruno Rivada
Rápido de Bouzas CF: Sergio Sancho
Porriño Industrial: Marcos González
Foto xentileza www.muchacalidad.com
Nova cortesía de Xose Ferreiro