España, décima na competición por equipos. Os homes loitarán polo bronce.

A selección española integrada por Magali Foulón, Beatriz Cabrero e Gema Buitrón, 12º nas calificatorias do pasado xoves, perdeu nos oitavos de final ante o experimentado equipo alemán (5º), formado por Richter, Schaefer e Winter, por 207-200, a pesar de chegar ó ecuador da proba con ventaxa de 102-100, as alemanas acabaron impoñendo a súa veteranía pra acabar gañando con certa suficiencia. O xove equipo español acabou décimo dunha proba na que a final a disputarán mañá Corea contra Rusia namentres que polo bronce competirán China e Italia.


Moito mellor lle foron as cousas ó combinado masculino de recurvo, pois tras pasar á fase final coa 13ª mellor nota tivo que enfrontarse en oitavos a Xapón, que obtivera a 4ª nota nas calificatorias do xoves, so por detrás de Corea, Francia e India, pero Daniel Morillo, Andrés Gómez e Elías Cuesta sacaron o mellor de si e venceron 210-205, por si fora pouco en cuartos cruzabanse co 5º mellor clasificado e equipo anfitrión China, ó que venceron por un axustado 206-205, e deron o mellor de si en semifinais ante o gran favorito Corea do Sur, co que caeron por un honroso 216-213. Pelexarán mañá polo bronce ante o cadro mexicano, 6º nas calificatorias. A final será entre os dous favoritos, Corea e Francia.
Mañá levaranse a cabo as tiradas correspondentes á loita polo ouro e polo bronce en categoría individual, mixta e por equipos, e posteriormente terá lugar a ceremonia de clausura desta cita da Copa do Mundo á espera dos Mundiais que se celebrarán en Ulsan (Corea).
Nova cortesía de Xóse Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios