Amigus
As Pontes

Os ponteses Polo e Pedreira novenos no Descenso Internacional do Sella

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Os piragüistas do Grupo Xuvenil Antonio Polo e Carlos Pedreira finalizaron hoxe na novena posición na proba de K2 Senior do 73º Descenso Internacional do Sella. Gañaron a proba Julio Martínez (que o conseguiu por 11ª vez) e Miguel Fernández, e ademáis batiron o record da proba, 1 hora, 1 minuto, 14 segundos, rebaixandoo en máis de 5 minutos. En segunda posición chegaron o nove veces campión do mundo Manuel Busto xunto con Emilio LLamedo, terceiros os arxentinos Pinta-Mozzica e cuartos os tamén campións do Mundo Santiago Guerrero e Jorge Alonso.


En K1 Senior outro palista do Grupo Xuvenil, Alberto Pigueiras, acabou na 68ª posición dunha proba na que venceu o asturiano Walter Bauzán con 1 hora 7 minutos, 32 segundos, seguido de Jose Becerro e Rafael Carril.
Noutras categorías, en K2 Damas impúxose a medallista mundial Mara Santos xunto con María Pérez, en K1 Senior Claudia Ferreira, en C2 Senior Álvaro Mora e Julián Serrano, e en C1 Senior o betanceiro David Mosquera.
Nova cortesía Xosé Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios