España sub19 encadrada no Grupo B do Europeo de Ucrania

Hai uns minutos acabase de realizar o sorteo da Fase Final do Europeo Sub19 e a selección española quedou encadrada no grupo B xunto a Francia, Serbia e Turquía. Por outra banda, no grupo A estarán Ucrania, Eslovenia, Inglaterra e Suiza.


O grupo de España sen dúbida ten algo máis de nivel que o A e os de Luis Milla deberán estar moi finos se queren optar a unha das dúas prazas que dan acceso ás semifinais. Dúas prazas que en principio deberían ser pra españois e galos, pero non hai que quitar ollo das perigosas Serbia e Turquía.
No Grupo A as dúas prazas semellan ser pra Ingalterra e Suiza, anque os ucranianos que xogan en casa tamén teñen as súas posibilidades. Máis testimonial será en principio o papel de Eslovenia, que se clasificou por pirmeirta vez pra unha Fase Final dun Europeo Sub19 tras eliminar a Holanda, por tanto a súa andaina en Ucrania será, en un principio, pra coller experiencia.
Das seleccións participantes España e Francia son os países con máis títulos en esta categoría, os galos gañaron en 1983, 1996, 1997, 2000 e 2005, os españois fixerono en 1995, 2002, 2004, 2006 e 2007. Tamén Inglaterra foi campión en 1993 e Turquía en 1992.
España sacará a súa convocatoria entre os días 4, 5 ou 6 de Xullo e agardemos que entre os seleccionados estea David Rochela e poida disputar o Europeo a celebrar entre o 21 de Xullo e 2 de Agosto.

También podría gustarte
Comentarios