Esta tarde inaugúrase a remodelada Praza do Carme

[aspontes.com] Esta tarde ás cinco do serán terá lugar a inauguración da recentemente remodelada Praza do Carme. O acto, ao que acudirán numerosas persoalidades da vila, comezará ás cinco do serán e logo dunha ceremonia relixiosa e o descubrimento dunha placa conmemorativa realizada por artesáns da localidade, os presentes poderán degustar un tradicional chocolate con churros, amenizado pola Charanga “Os Panchos” do Chamoselo.
As obras de remodelación foron financiadas con cargo aos fondos anticrise, cun custe de 250.000 euros. Os traballos consistiron en mellorar o seu aspecto estético, a súa accesibilidade e a funcionalidade. Sustituise o pavimento existente por outro menos resbaladizo, unificando as tres alturas da praza. Ademais mellorouse o alumeado e o mobiliario.


remodelado.jpg

También podría gustarte
Comentarios