ESTE LUNS 1 DE MAIO CELÉBRASE NAS PONTES O IV TORNEO DE MUS DO LICEO

Este luns, 1 de maio, celebrarase nas Pontes a cuarta edición do campionato de mus que organiza o Liceo pontés. O torneo comezará ás 11:00 horas no propio local social. Logo dun descanso para xantar reanudarase a competición para rematar á última hora da tarde.

No torneo participarán máis de trinta parellas procedentes das catro provincias galegas, sendo a máis numerosa a luguesa con unha ducia de parellas.

As dúas primeiras parellas, ademais de trofeo terán opción de inscribirse no campionato galego a celebrar en Lugo. A terceira e cuarta parellas recibirán tamén trofeo e poderán inscribirse no premaster da Coruña.

Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios