EUROEUME PARTICIPA NO 2º FORO INTERNACIONAL DE MAIORES DE LOUSADO (PORTUGAL)

O 2º Foro Internacional de Maiores, que contará coa presencia da Asociación EuroEume, terá lugar na vila portuguesa de Lousado entre os días 7 e 11 do presente mes. Esta cita encádrase no “Proxecto Maiores/Seniores”, que a Asociación promove para fomentar a participación das persoas maiores na sociedade civil europea, e significa a continuación do intercambio de experiencias internacionais que comezou en Maio coa participación no Foro organizado pola Sozieta Consotile Langhe Monferrato Roelo de L´amoro, en Asti (Italia).


Asti.jpg
Foto de grupo de los asistentes al 1º Foro Internacional de Maiores de Asti (Italia)

Este proxecto de cooperación transnacional, conta coa participación de Entidades de Intervención Social europeas, que como EuroEume, están a implementar programas que pretenden mellorar a calidade de vida dos nosos maiores. O Centro Social de Lousado recibirá nesta ocasión a visita dos grupos galegos do Concello de Allariz e do territorio de EuroEume, e a italiana Sozieta Consortile Langhe Monferrato Roelo.
O principal obxetivo do “Programa Maiores” é promover a participación deste colectivo na sociedade, mediante accións como estes intercambios de experiencias internacionais, e outras actividades mais cercanas, como a recuperación de actividades tradicionais, creación de voluntariado de maiores, e o estudio da situación actual para implementar outros plans no futuro.
Unha das prioridades é a creación dun grupo de Axentes Culturais, que realicen o papel de anfitrións de grupos de visitantes, a sua presentación oficial será no foro internacional que se celebrará no territorio do Eume, como continuación dos intercambios entre estes catro colectivos. EuroEume conta coa colaboración de diversas entidades do territorio do Eume, entre as que destacan o Consello de Ancianos de Xestoso, o Centro Municipal de maiores de Pontedeume, así como representantes de colectivos de pre-xubilados do territorio, que xa participaron no 1º Foro Internacional de Maiores de Asti.
Este “Proxecto Maiores”, desenvólvese no marco do Programa Europeo ENEA, e significa a continuación das accións de intervención social iniciadas por EuroEume co “Proxecto EumeXoven”.
Para mais información contactar con:
Angel Lorenzo Cea
Director de Comunicación de EuroEume.
Tel: 981440668
E-Mail: comunicación@euroeume.org

También podría gustarte
Comentarios