EXPOSICIÓN DE PINTURA: GRUPO ARTPO
Do 5 ao 20 de setembro de 2014
Sala exposicións Cada da Cultura de San Ciprián (Concello de Cervo)
Horario de visitas: De luns a venres de 10 a 14 h. e de 17 a 20 h.
OS AUTORES
ARTPO é un grupo de artistas ponteses que naceu no 2012 co obxectivo de conformar un espazo común de reunión, creación, intercambio e aprendizaxe así como traballar de forma conxunta na exposición das súas obra e na divulgación da arte. Trátase dun grupo moi heteroxéneo, composto por unha vintena de persoas con perfís moi diferentes, nun abano moi amplo de idades, algúns con formación artística e outros autodicactas pero con intereses e ilusións compartidas no mundo da creación pictórica. Antonio Fraga Pérez, Marga Rodríguez Sánchez, Fernando Vigo García, Eduardo López Soto, Lourdes Acera Olaso, Eduardo González Blanco, Ofelia López (Miraceos), Piedad Pernas Prieto, Sonia Sueiro Fernández, Noé López Valiña, Diana Silva Rodríguez e Marta Seco Trinidade son os 12 artistas que nesta ocasión amosarán os seus traballos e aos que o visitante da exposición poderá coñecer a través dos seus cadros.
A EXPOSICIÓN
O grupo ARTPO vai máis alá dun conxunto de creadores aglutinados baixo un nome. Trátase de artistas, con estilos, técnicas e formas creativas diferentes entre si pero cun vínculo persoal que vai máis alá da pintura. Son compañeiros, veciños, coñecidos das Pontes, que se reúnen para pintar a un tempo e no mesmo estudio, conseguindo un ambiente de creación e inspiración artística de onde saen moitas das obras que se poden ver nesta exposición. Ao tratarse de estilos tan variados faise complicado establecer unhas liñas xerais sobre esta mostra, pero o que se pode ver en cada cadro é o traballo, a paixón e os trazos particulares de cada artista, sen esquecer nunca o espírito e o sentimento de grupo que os move.
Organiza: Concello de Cervo. Delegación de Cultura.
Nova cortesía Artpo