Falamos con Gema Buitrón sobre o recente Mundial e os Xogos Olímpicos

“Lanzar moitísismas frechas, cabeza forte e a por Londres 2012″, por Xosé Ferreiro
A arqueira pontesa Gema Buitrón Cortiñas acaba de chegar de Turín, despois de disputar o seu terceiro Mundial de Tiro con Arco, a pesar de contar con tan so 21 anos. A selección española feminina aspiraba a lograr unha praza entre os oito mellores equipos ou superar tres roldas en individuais, quedar entre as dezaseis primeiras, e poder así acudir ós Xogos de Londres 2012, pero non puido ser. Nun torneo mundial dun nivel altísimo, as españolas acadaron a 20ª posición por equipos e en individuais Magali Foulón e Helena Fernández caeron na primeira rolda, tanda na que a salmantina perdeu no desempate coa posterior campiona, mentres que Gema o facía na segunda rolda despois de vencer na primeira á medallista de bronce en Atenas 2004 Alison Williamson, e perder despois ante a xeorxiana Khatuna Narimanidze, posterioremente clasificada para a cita londinenese. Inmersa nas cribas do cadro feminino español de cara á composición do equipo estatal para o ano que ven, desde Madrid, coa amabilidade que a caracteriza, Gema saca un ratiño para atendernos e comentarnos as vivencias en Italia e as súas perspectivas de cara a poder clasificarse para os Xogos Olímpicos de Londres 2012
gema_buitron_1.jpg
Hola Gema, ¿Que nos podes dicir do campionato? Segunda rolda en individual está moi ben, pero crees que, a pesar da dificultade, ¿Poderíades quedar un pouco máis arriba por equipos? porque unha vez superada a difícil criba de dezaseis, na fase final, cunha boa tirada na primeira rolda poderíades estar entre as oito mellores seleccións e lograr o billete para Londres con tres prazas garantidas ¿Con que sensación te quedas e que valoración fas do resultado final?
Hola Xose! Pois a verdade é que non está nada mal, sabe coma sempre a pouco porque realmente estiven a piques de chegar á terceira rolda, pero ás veces a sorte non está do noso lado todo o que nos gustaría. En canto ós equipos a verdade é que os Mundiais sempre son a competición con máis nivel da temporada e sobre todo cando hai prazas en xogo. Ben é certo que a clasificatoria non nos foi todo o ben que esperabamos, pero o nivel tamén sorprendeu bastante. Soupo a pouco porque a verdade é que nós como equipo en eliminatoria directa somos unha das seleccións de maior nivel posto que adestramos tódolos días xuntas e iso pesa moito, se pasaramos o corte a 16 posiblemente poderíamos loitar por unha desas 8 prazas por equipos, pero así as cousas teremos que esperar á World Cup de Ogden.


¿E que me contas do campionato en xeral?, fixeime nunha cousa curiosa, na competición masculina os catro mellores clasificados nas calificatorias foron os que chegaron a semifinais, e sen embargo no torneo feminino non valeu de moito tirar ben nas calificatorias porque logo nos duelos directos houbo moitas sorpresas, por exemplo as coreanas, caeron nos individuais, e por equipos foron sorprendidas pola meritoria India en semifinais, ou por exemplo, a chilena Van Lamoen, que fixo 36º nas calificatorias e sufriu moito na primeira rolda pra acabar gañando no desempate a Helena logo sen embargo foi pasando tandas ata quedar brillantemente campiona, ¿Que che pareceu o torneo neste sentido? ¿Ti que opinas, que hai que valorar máis a regularidade ou asumes que prime en ocasións o factor sorpresa dos duelos directos?
A verdade é que en mulleres foi a primeira vez en 26 anos que as coreanas non loitaban por levarse unha medalla de ouro tanto individual coma por equipos (foron bronce), pero iso para min e para o resto das competidoras é moi positivo no sentido de que asi se amosa que o Tiro con Arco non é un deporte exclusivamente de coreanas, e o nivel mundial está subindo a pasos axigantados. Un dos factores para que se producisen estas sorpresas son as novas eliminatorias por sets, agora mesmo prima moitísimo a sorte, posto que, sobre todo, nun Campionato do Mundo, calquera arqueir@ é capaz de meter tres frechas seguidas no 10, e a regularidade é importante, pero aínda sendo regular a tan alto nivel incluso podes perder.
En canto ós homes, Elías Cuesta foi o único membro da delegación española que se clasificou pra Londres 2012, os Fernández, Gómez, Morillo … están na vosa situación, terán que agardar a outras opcións, ¿Cómo ves ó equipo masculino e, sobre todo, á revelación, o xove Antonio Fernández?
Elías traballou moito e fixo un moi bo papel para conseguila praza. En canto ó resto terán que esperar, aínda que non está claro que tres arqueiros compoñerán o equipo do ano que ven, pois estamos agora mesmo coas probas para a clasificación e confeccións dos equipos e cada un dos oito que xa pasaron o primeiro corte, entre os que se encontra o noso arqueiro do Clube Sílex Xaquín Mira, veñen moi pero que moi fortes. Asi que tendo en conta isto a verdade é que os vexo con bastantes posibilidades sexan os que sexan os que formen parte do equipo. Antonio é un arqueiro forte e pouco a pouco está demostrando que pode chegar a ser un dos grandes.
¿Houbo algún arqueir@ que che impresionara no Mundial?
Sempre os hai, pero sen dúbida quítome o sombreiro ante o coreano Im, é sen dúbida un dos mellores arqueiros do mundo aínda que quedase cuarto ó final, leva moitos anos no equipo nacional coreano, e sempre cun protagonismo mundial incríble.
gema_buitron_2.jpg
¿Que obxectivos che quedan no resto da temporada 2011?
Agora mesmo acabar os clasificatorios para o equipo nacional, nos que a cousa vai bastante ben por agora, e a Universiada de Zhen Zhen (China) neste mes de Agosto.
Despois do bronce no Mundial Universitario China Taipei 2008 e na Universiada Belgrado 2009, ogallá, anque non será doado, logres o teu terceiro metal. A día de hoxe ¿Cales son as túas posibilidades e as do resto das túas compañeiras de ir ós Xogos?, me refiro, a nivel de prazas clasificatorias, ¿En que torneos se consiguen?, ¿Que número de prazas hai en xogo?
Pois agora mesmo o que nos queda é ou ben conseguir unha praza individual que se xogará no Europeo do ano que vén (unicamente hai 5), ou ben conseguir unha praza por equipos na última World Cup 2012 en Ogden (haberá 3 en disputa).
A ver si hai sorte, ¿Cómo encarades este ano “material” que vos falta de cara ós Xogos Olímpicos?, a nivel de adestramentos, preparación, concentracións, torneos … ¿Cal é o voso planning?
Moitísimo máis entrenamento físico, aínda que nos poda parecer imposible o noso preparador físico xa nos dixo todo o que teremos que facer, e moitísimas máis frechas, cabeza forte e a por Londres 2012.
A pasada fin de semana estiven vendo as xoves promesas do Clube Silex, e o resto de futuribles de toda Galicia, apuntaban maneiras, sobre todo Maikel Alvariño, ¿Que tal ves ós máis xoves do teu equipo?
A verdade é que traballan moito e moi ben, asi que pouco a pouco irán despuntando aínda máis nas competicións ás que vaian. Maikel é un rapaz con moi boas aptitudes para este deporte, e pode chegar a facer moitas cousas seguindo o camiño que leva. Estou moi contenta de telos de compañeiros de clube, teñen moito futuro.
gema_buitron_3.jpg
Por certo, ti que eres “experta” na materia, o gran Borja Prieto vai a estar na túa mesma situación máis ou menos dentro dun mes no Mundial de Piraguismo que se disputará en Hungría, ¿Que consellos lle darías? ¿Velo con posibilidades de ser olímpico? ¿Non estaría nada mal a “parelliña” de ponteses en Londres eh? (risas)
Non son quén de dar consellos, o único, e sei de sobra que o sabe, é que ten que disfrutalo e facelo como él sabe. Estou segura de que obterá resultados. Espero poder ter a motivación de acompañar a un dos meus veciños no evento deportivo máis importante do mundo. ÁNIMO BORJA!
Anque xa estivechedes o ano pasado en Italia con motivo do Europeo e os xelados non estaban mal (risas), ¿Que me podes dicir da fermosa cidade de Turín?, palacios, catedrais, castelos, o Museo Exipcio, a Mole Antonelliana, o famoso chocolate … (risas)
Non podo dicir moito porque coma sempre unha competición de Tiro con Arco, e sobre todo un Mundial, é un maratón de campo de competición e nada máis que campo de competición. Aínda con todo, o que vin de Turín gustoume moito, e coma sempre o chocolate e os xelados seguían estando boísimos (risas).
Por último, agora que estamos nas festas de As Pontes, ¿Algún desexo para o pobo pontés?, ¿Ímoste ver algún día por aquí? ¿Celebrarás o teu cumpreanos en casa con polvoróns e mantecadas e con recibimento incluido no Concello quizáis? (risas)
As festas … (suspira) … ogallá puidese disfrutalas con tod@s, pero este ano non é posible, estamos en plenos clasificatorios para o equipo nacional e acabamos xusto para cando remata a Festa da Fraga, unicamente irei por casa para as 24 horas do Clube Silex o último fin de semana de mes, asi que outro ano máis deséxovos que as pasedes coma sempre o mellor posible e que tomedes unhas por min! BOAS FESTAS a TODOS!
Bueno, moitas gracias Gema, xa nos veremos nas 24 horas, e si che sirve de consuelo, de momento aquí estamos “pasados por auga” (risas). Xa máis en serio, ogallá que cando ti e máis eu volvamos a falar dentro dun ano xa teñas o billete pra Londres 2012 cos cinco aros olímpicos, e Borja tamén, e se non pode ser, que hai moitísimo nivel, que vos “quiten o bailado”.
Gracias Xose.
gema_buitron_4.jpg
* Fotos xentileza da Federación Internacional de Tiro con Arco (FITA)

También podría gustarte
Comentarios