FASE DE ASCENSO Á PRIMEIRA GALEGA DE RUGBY: CR FENDETESTAS – CR CORETI LALÍN (0-35)
Triunfo incontestable do equipo do Deza no derradeiro encontro da tempada
Se ben a ida ofreceu un resultado que presaxiaba emoción de cara a volta (29-14), pouca historia tivo o encontro deste sábado no Monte Medulio no que os ponteses foron apabullados por un equipo de superior categoría como é o conxunto da Terra do Deza, penúltimo clasificado da Primeira Galega e que se xogaba nesta eliminatoria o descenso de categoría mentres que para os ponteses era a do ascenso.
Nun día soleado e con afluencia afluencia de público, os pontevedreses anotaron cinco ensaios, dous golpes de castigo e outros dous lanzamentos a paus, para redondear o contundente 0-35 que lles levou a selar a súa presenza un ano máis na máxima categoría do rugby galego.
Os ponteses, pola súa banda, xogarán o ano que vén outra vez, en principio, contra o Universidade de Vigo B, Crat A Coruña B, Santiago, Zalaeta de Arteixo e o Muralla de Lugo, que descende e ocupa a praza do ascendido Keltia Ourense.
Nova cortesía de Xosé A. Ferreiro e A.F.