Ferramenta colaborativa de Gnome

Lendo agnix.org:
“Estase a desenvolver GoCollab, unha ferramenta que permite traballar ó mesmo tempo varias persoas sobre o mesmo documento de Abiword (o procesador de textos de Gnome-Office ) ou de Gnumeric (a folla de cálculo).
Cando saia a seguinte versión de Abiword terá incoporada dúas opcións máis no menú ofrecer colaboración e unirse a unha colaboración.”…


…”Os cambios realízanse a nivel de plug-ins para Gnumeric e Abiword. O funcionamento básico sería o seguinte: un usuario A crea un documento e desexa compartilo, o outro usuario B busca na rede quen ofrece documentos e accede o documento do usuario A, quen debe aceptar a colaboración. Unha vez que ámbolos dous usuarios fan cambios no documento traballan sobre o mesmo e van facendo cambios á vez.
Existe un sistema, polo de agora sinxelo, para correxilos posibles problemas entre os cambios que realizan os usuarios.
Este proxecto ten moita importancia, por exemplo, para Nokia, que incorpora o Gnumeric e Abiword no seu Nokia 770.”…
Fonte: agnix.org

También podría gustarte
Comentarios