Continuou o seu idilio o Muebles Eume de Basoa coa Copa pontesa de Veteranos logrando este domingo o seu oitavo título, o cuarto consecutivo, ademais de tres Ligas.
Tras desfacerse en cuartos de La Bamba, asumiu o seu papel de favorito e eliminou nas semifinais do sábado a La Galaxia por 3-1, e xa o domingo venceu na final a Bar Encanto Lecar 712 por 2-0, o outro equipo finalista con moito mérito, dado que foi o antepenúltimo clasificado de Liga, e que previamente eliminara na quenda de penaltis ao Electricidad J&O tras acabar o tempo regulamentario 1-1.
Ao remate do evento, o concelleiro Antonio Alonso Román entregou os diversos trofeos de Campión de Liga, La Bamba, e Copa, Muebles Eume, aos equipos que encaixaron menos goles, precisamente os dous conxuntos campións deste ano, ao máximo goleador, Óscar Barro “Púas”, de A Cepa, e o trofeo ao xogo limpo recaeu en Farmavida.
Semifinais
Muebles Eume – 3 Farmavida – 1
Bar Encanto Lecar 712 – 1 * Electricidad J&O – 1
Final
Muebles Eume – 2 Bar Encanto Lecar 712 – 0
Nova cortesía de Xose Ferreiro