Foi en 1993 cando o segundo equipo do As Pontes perdeu en Somozas a final da Copa de Ferrol ante o Cedeira (2-0). Dezanove anos máis tarde o CD As Pontes B volvía a facer historia ó plantarse en toda unha final de Copa, na que os máis prestixiosos equipos da comarca empregan ós seus primeiros planteis.
Nunha tarde soleada de San Xoan, dabanse cita no marco emblemático e inigualable de A Malata ponteses e pontedeumeses. O equipo azul logrou a merecida permanencia en Terceira División hai unhas semanas, e tralo inicio de partido semellaba que tras tódolos avatares sufridos durante esta temporada, este ultimo encontro ía a devolver ó As Pontes a súa gloria histórica comarcal e conquistar a súa 25ª Copa de Ferrol, pero transcorridos os minutos, e co pitido final, o cruel destino que acompañou toda a tempada volveu a traer lágrimas e desolación. Hai que darlle un aplauso ós discípulos de Iván Rodríguez pola súa brillante traxectoria no torneo copeiro, e ó Eume Deportivo, merecido gañador que suma este título ós de Liga Alevín e Liga e Copa Infantil.
Comezaba o encontro cunha aproximación de Dani (3´), e un remate de Fermín que salva un defensa baixo paus (4´). No 14´un remate axustado ó pau de Criado é salvado in extremis por Gabeiras. No minuto 24, xogadón dos azuis, saca Iván desde área propia, prolonga a xogada sensacionalmente Javi, e Fermín chegando desde atrás marca de vaselina o 0-1. Non habían de quedar ahí as cousas, pois no 33Totti dispara desde a frontal, o balón pega nun defensa e vai a parar a Púas que sen pensalo dúas veces empala e manda ó balón ó fondo das redes. Os de Pontedeume tentaron recurtar distancias antes de chegar ó descanso e conseguírono, tras un centro lateral de Uxío que Puchi empalma sen deixar caer, noutro golazo que poñía o 1-2 no marcador (39´), e aínda os amarelos tiveron dúas ocasións nos pes de Dani que desbaratou Iván.
No segundo tempo o calor e o paso dos minutos ían facendo mella nos dous equipos anque eran os de Pontedeume os que tiñan algo de mellor condición física, ó que sumado ó seu cartel de favorito e maior ímpetu, fixo que dominaran o xogo nos segundos 45 minutos e chegaran con máis perigo que os azuis, aínda así non houbo moitas ocasións claras. A mellor, no 63´, tras unha falta ó borde da área, Iván salva ata dous remates e o balón non entra milagrosamente. No 67´un centro chut de Borja que pilla a Gabeiras descolocado a piques está de entrar pola escuadra.
Faltando 15 minutos, tras unha boa internada por banda, semella que Xabi fai penalti ó atancante pontedeumés, correcta actuación do colexiado, anque semella que son os clásicos penaltis que sempre se pitan contra ó As Pontes pero nunca a favor. Iván adiviñou a intención pero o habilidoso Joshua colouno pola escadra (75´). Catro minutos máis tarde chegaba o xarro de auga fría, cando nun balón rebotado, o estilete Uxío, que deu “guerra” á defensa azul durante todo o encontro, prantouse so e picou o balón ante a saída de Iván poñendo o 3-2 no marcador.
O As Pontes buscou o empate nos últimos minutos con máis corazón que cabeza e forzas, ata o porteiro subiu a rematar nalgunha xogada, pero foron os de Pontedeume á contra no desconto os que puideron sentenciar.
Pero o encontro non deu para máis, os de Pontedeume celebraron o San Xoan cunha sonrisa de orella a orella e os de As Pontes volveron con lágrimas nos ollos. Aínda así, brillante traxectoria no torneo copeiro dos azuis.
3 EUME DEPORTIVO. Gabeiras, Alejo (Diego 46´), Juan, Xavi, Dani, Manu, Puchi (Alfonso 62´), Emilio (Rojas 46´), Uxío, Marcos (Antón 70´), Joshua.
2 CD AS PONTES B. Iván, Xabi Pellón (Gogas 78´), Fernando, Palas, Carlos, Totti, Guille (Junior 65´), Adrián Criado (Borja 60´), Javi (Fran Picos 81´), Púas, Fermín.
Goles: 0-1, Fermín (24´), 0-2, Púas (33´), 1-2, Puchi (39´). 2-2, Joshua, de penalti (75´), 3-2, Uxío (79´).
Árbitro: David Brito Regadera (Ferrol). Auxiliado nas bandas por Orozco e Bejarano. Amosou cartóns amarelos a Xavi, Pellón, Alfonso, Junior e Rojas.
Campo e incidencias: Campo de A Malata. Seiscentos espectadores, en tarde soleada. Preto de cen ponteses. Asistiron, entre outras personalidades, os alcaldes de Pontedeume e As Pontes, os presidentes de ambos clubes, ademáis do presidente da Federación Galega de Fútbol García Liñares.
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.