O K4 ESPAÑOL FINALIZA O EUROPEO NA OITAVA POSICIÓN
Hoxe á mañá, concretamente ás 10:09, e retransmitido pola canle temática Eurosport, tiña lugar a final da proba do K4 mil metros masculino dos Campionatos de Europa de Piraguismo que se disputaron esta fin de semana na localidade croata de Zagreb, na que estaba presente o cuarteto español integrado polo palista pontés Borja Prieto Valera, Íñigo Peña, Álvaro Bravo e Diego Piña.
Nunha final con “sabor olímpico”, xa que das nove embarcacións participantes, sete, Alemania, Hungría, Eslovaquia, Rumania, Serbia, Dinamarca e República Checa, estarán en Londres 2012, nun descafeinado K4 olímpico que contará con so dez kaiaks por mor das cuestionables cribas olímpicas, que completarán ó subcampión mundial Australia, e xa con moitas menos posibilidades, o anfitrión Gran Bretaña, e China. Completaban a final europea de hoxe a campiona olímpica de 2008 Bielorrusia, e España.
Sorprenderon a propios e extraños os daneses, que entraron na final co segundo posto na repesca, e indo pola primeira calle fixeronxe co ouro (2:51:94), seguidos de Rumania, prata (2:52:23), e Serbia, bronce (2:52:95). As grandes potencias, Alemaña (2:53:95) e Hungría (2:54:11) quedaron en cuarta e quinta posición respectivamente. Despois entraron Eslovaquia (2:55:11), Bielorrusia (2:55:14), España (2:56:37) e a República Checa (2:58:01).
Dentro do idílico paraxe de Zagreb onde se desputou a competición, queixabanse os competidores que nalgúns tramos había moita dificultade pra deslizar o kaiak por mor dos nenúfares.
España marcha de Croacia cun gran botín de 6 medallas, tres pratas, Sete Benavides en C1 200, Eva Barrios en K1 5000, Tono Campos en C1 5000, e tres bronces, o incombustible David Cal en C1 500, a eterna Bea Manchón xunto a Jana Smidakova en K2 1000, e o portento talaverán de 19 anos Fran Cubelos en K1 1000.
Ós seus 29 anos, Borja Prieto, que foi ouro no Europeo sub-23 Poznan 2004, co campión olímpico Saúl Craviotto, bronce no Relevo K1 200 metros no Europeo de Brandenburgo 2009, e 4º no K4 200 metros no Mundial de Darmouth 2009, volverá a pelexar no 2013 por competir por 13º ocasión coa selección española absoluta nunha gran competición internacional, tras desputar seis Mundiais e seis Europeos.
Nova cortesía de Xose Ferreiro