Final de temporada do Galparket F.S.

O vindeiro sabado 5 de xunio no Polideportivo Múnicipal as 18:30 horas celebrase o último partido da Liga Nacional de Futbol Sala na categoria que esta integrado o equipo da nosa vila. O Galparquet parte neste partido na primeira posicion da liga Nacional o que da dereito o ascenso de categoria, parte con unha ventaxe de 3 puntos sobre o segundo, polo que con so conseguir un punto conseguirase o ascenso a categoria superior Division de Plata (por se non vos aclarades ben sendo o equivalente a Segunda Division no caso de futbol campo). Entrada Gratuita..


A entrada sera gratuita, o entrar faraselle entrega os asistentes dunha rifa para participar nun sorteo que se celebrara o final do partido. O premio consiste nun vale para a compra de material deportivo por valor de 200 euros a canxear no establecemento da localidade “Deportes A´Fraga”.
Desexar o noso equipo sorte neste último partido e acodamos a animalos neste final de temporada.

También podría gustarte
Comentarios