FOTOFUNGO III – Sábados abertos e GRATUITOS intro á fotografía

Posición b, a Asociación Fotográfica das Pontes, organiza unhas xornadas GRATUITAS de introducción á fotografía, abertas ao público a partir de 12 anos.

iiifotofungo_web.jpg


FOTOFUNGO III – Sábados abertos e GRATUITOS de introducción á fotografía analóxica e dixital. Posicion b. As Pontes. Outono 2004.
A temática das xornadas estará vinculada á Feira de Fungos e Cogomelos 2004, coa inclusión dunha mostra fotográfica dos participantes nas datas da feira.
PROGRAMA
– 1º sábado – 9 outubro – Presentación e saída á natureza para a realización de fotografías, tanto en diapositiva coma en formato dixital.
– 2º sabado – 16 outubro – Visionado e selección das imaxes realizadas.
– 3º sábado – 23 outubro – Montaxe da exposición Fotofungo III.
– (xoves 28 outubro – inauguración da exposicion)
– 4º sábado – 30 outubro – Visita á exposición.
– (luns 1 novembro – Feira de Fungos e Cogomelos – realización de fotografias en branco e negro pola feira, da xente, postos, pola rúa…)
– 5º sábado – 6 novembro – Revelado (analóxico) de carretes en branco e negro.
– 6º sábado – 13 novembro – Revelado (analóxico) de fotografías en branco e negro.
– 7º sábado – 20 novembro – Escaneado de negativos e diapositivas, visionado dixital.
– 8º sábado – 27 novembro – Tratamento dixital e conclusións.
HORARIO
Normalmente estes sábados ás 16:00, no local da Asoc. posicion b, excepto os días de saída para facer fotos (9 out. e 1 nov. que é a feira) que quedaremos ás 10:00 diante do mercado vello.
MATERIAIS
Cada participante somentes precisa unha camara fotográfica, de calquer tipo; a Asociación Fotográfica proporcionará os materiais necesarios.
INSCRIPCIÓN
Na Casa Dopeso, ata o 8 de outubro.
Plazas dispoñibles: 15
+ INFORMACION
Casa Dopeso, ou no tel: 630 719 486.

También podría gustarte
Comentarios