Amigus
As Pontes

Programa Educación familiar nas Pontes

[RTVi-As Pontes] A Concelleira da Area Socicomunitaria, Susana Vilaboy, achegarase este luns, día 4 de outubro, ó local da Asociación de Amas de Casa, para participar nunha charla informativa sobre o “Programa de Educación Familiar”, que se está desenvolvendo no municipio dende o departamento que dirixe a edil. Esta actividade forma parte tamén do programa da entidade pontesa, que demandou a colabora do concello para abordar esta materia. Ademáis, a propia Asociación de Amas de Casa está colaborando activamente no programa, e coa charla preténdese aumenta-la implicación de todo o colectivo.


A charla comezará ás cinco da tarde no local que ten esta asociación no poboado do Barreiro, pero será aberta a calquera veciño. Alí falarán Susana Vilaboy, concelleira da area sociocomunitaria; Rocío Blanco, técnico do programa e psicóloga e Carmen Lage, presidenta de Amas de Casa.
Este programa de “Educación Familiar”, pretende prestar unha especial atención a aquelas familias da vila que están en risco de exclusión social, ou con problemas internos que poden desestructura-lo núcleo familiar. A atención preferente é para os nenos, quenes máis propensos están a resultar afectados por situacións deste tipo, que logo poden trasladarse ó seu rendemento escolar e ó desenvolvemento psicolóxico e social.
As familias que participan nesta actuación veñen derivadas de varios espazos. Dos propios servicios de atención primaria ou especializada, como é o Servicio Psicopedagóxico do propio concello, ou tamén dos colexios, cando os mestres observan problemas de retraso escolar ou de adaptación ó entorno. Igualmente o propio servicio municipal pode aproximarse a situacións de risco, especialmente cando observan que unha familia é usuaria habitual dos servicios sociais, e non logra sair da situación que motivou este feito.
O programa parte dun convenio entre a Consellería de Familia e o Concello de As Pontes e comezou a aplicarse o día 1 de setembro, debido ás demandas das propias familias. Inicialmente prolongaranse por un periodo de catro meses, polo tanto deica o mes de decembro, con opción a esterderse máis tempo.
Polo momento o programa ten en marcha varias actuacións relacionadas có sistema educativo local. A próxima semana está previsto manter reunións cós directores dos centros de ensino e cós orientadores, e tamén manterán contactos coas Asociacións de Nais e Pais.
O programa fará logo diferentes propostas de actuación para merma-la incidencia destas problemáticas na vila, e presentaranse alternativas ós Consellos Escolares, e ó Consello Escolar Municipal. Neste caso en concreto, a asociación de Amas de Casa está amosando unha colaboura moi activa, xa que dende a súa programación habitual traballan para facilita-la integración social dos membros de familias incluídas neste programa, a través da participación en cursos e actividades que funcionan cada tempada.
aspontes.org

También podría gustarte
Comentarios