FOTOS. SAÍDA DÍA DA BICICLETA AS PONTES 2018

Tivo lugar este domingo ás 11:35

Este domingo á mañá tivo lugar diante do Concello pontés a saída do Día da Bicicleta. Ás 11:35, e contando coa presenza da nai de Sabela Ramil, a concursante de OT, deuse o pistoletazo de saída. Preto dunhas 500 persoas comezaron a pedalear neste evento no que primordialmente se trata de facer deporte e desfrutar coa familia e amigos. Os participantes circularon por diversas rúas pontesas ata regresar na chegada ao Concello, facendo un avituallamento no Lago.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios