Fungos e cogumelos: Lactarius deliciosus

Máis coñecido por ‘Níscalo’ ou por ‘Mizcalo’. É unha seta moi popular en toda España.

lactarius.jpg


DESCRICIÓN: Sombreiro de 5-15 cm, primeiro convexo, despois extendido e finalmente deprimido. O marxe é involuto, sobre todo nos exemplares xoves. A cutícula é lisa e de cor laranxa, con zoas roxizas. Ás veces mánchase de verde, sobre todo se se produciron feridas. Láminas decurrentes, de cor alaranxado que poden mancharse de verde. Esporada de cor branco crema. Pe corto, de 3-5 x 1-3 cm, cilíndrico, de cor branco debido a unha pruína branquecina que o recubre, excepto nunhas pequenas depresións de cor laranxa vivo, chamadas escrobículas. Carne granulosa e compacta, branquecina hacia o centro e de cor laranxa hacia a periferia. O seu olor é agradable e o seu sabor, algo amargo. Látex de cor laranxa, de sabor doce.
HÁBITAT: Fungo micorrizóxeno que vive asociado cos piñeiros, en toda clase de solos. Fructifica dende finais do verán ata que chegan os primeiros fríos do inverno. É moi común e abundante.
COMESTIBILIDADE: É un comestible moi apreciado. É moi bon á brasa. Tamén se conserva en sal para utilizalo fora de tempada, para face-los típicos ‘pratillos’ (guisos de carne con setas). igualmente se conserva á vinagreta e se utiliza como entrante ou para acompañar un entremés.
Fonte: grn.es/amjc

También podría gustarte
Comentarios