Vitoria importante do Esteo na casa do Bueu (4-5) en partido da 21ª xornada que fora aprazada polo temporal. Ó descanso o marcador rexistraba empate a un gol. Uns cen espectadores nas gradas do polideportivo municipal de Bueu.
Primeira vitoria do Esteo na pista do Bueu lograda a falta de sete segundos para o final. Comezou o partido cun Esteo dominador e un Bueu esperando á contra. Adiantáronse os ponteses por mediación de Fran, que foi expulsado con vermella directa a faltaba menos de medio minuto para o descanso. Un minuto despois marcaron os locais. O segundo período iniciouse cun home menos no Esteo trala rigorosa expulsión de Fran, pero unha vez recuperados os seus efectivos o cadro das Pontes pasou a controlar o partido poñéndose con 1-3 despois dos tantos de Noé e Gerardo. Os locais aplican a táctica de porteiro-xogador o que lles permite empatar. Logo o encontro entrou na fase do recital arbitral con expulsados e tarxetas por doquier. Restando sete segundos para o remate do encontro Rubi estableceu o definitivo resultado que supoñen tres importantes puntos para o Esteo que lle poden permitir o ascenso de categoría como mellor segundo clasificado dos grupos de Galicia, Asturias e Castilla e León se gaña os dous partidos que restan, o primeiro, o vindeiro sábado en Viana do Bolo e na derradeira xornada de liga na casa contra o Unidade de Fene.
AD BUEU ARTERURAL: Hugo, Esteban, Torres, Mara, Rafa cinco inicial- Luismi, Jacinto, Leando e Dani.
O ESTEO FS: Javichu, Gerardo, Fran, Noé, Rubi cinco inicial- Anxo, Juan, David, Pellón e Diego.
ÁRBITROS: Moi protestada a arbitraxe de Ferrero Carballal e Otero Baltasar, de Pontevedra. Fixeron un auténtico festival tarxeteiro nun partido que transcorreu con corrección por parte dos dous equipos. Foron expulsados Luismi, do Bueu, e Fran, Juan e Pellón, do Esteo. Tamén foron amoestados Mara, Rafa, Leandro, Javichu e Anxo
GOLES: Min. 4 (0-1), Fran. Min. 5 (1-1), Esteban Min. 30 (1-2), Noé. Min. 32 (1-3), Moé. Min. 34 (2-3), Jacinto. Min. 36 (3-3), Mara. Min. 38 (3-4), Noé. Min. 38 (4-4), Jacinto (penalti). Min. 39 (4-5), Rubi.
Nova cortesía de A.F.