Amigus
As Pontes

FÚTBOL VETERANO – LIGA DE AS PONTES

Despois da suspensión da xornada 17ª por mor do temporal, esta fin de semana disputouse unha nova xornada da liga de veteranos, na que hai que salientar o oitavo empate de La Galaxia, equipo que aínda non coñece a vitoria, o claro triunfo de Farmavida (7-3) sobre A Cepa, a goleada de Mobles Eume ó colista MMYPEN (9-1) e o empate entre Santaballés e Construcións Guerreiro (2-2), conxunto que tamén disputou o partido aprazado da 11ª xornada contra o Los Bidones (3-1), polo que sumou catro puntos que o sitúan de líder en solitario cun punto máis que Farmavida, que ten un partido menos, e tres sobre o terceiro clasificado, Santaballés.
veteranos_7marzo_01.jpg


Os resultados desta 18ª xornada foron os seguintes:
A Cepa – Farmavida (3-7)
As Pontes 74 – Fruterías Luis (4-2)
Los Bidones – La Galaxia (0-0)
Mobles Eume – MMYPEN (9-1)
Construcións Guerreiro – Santaballés (2-2)
Descansou: Xuntanza
Encabeza a clasificación Construcións Guerreiro, con 33 puntos, seguido de Farmavida con 32 e un partido menos, Santaballés, con 30, A Cepa e As Pontes 74, con 25 puntos, Mobles Eume (23), Fruterías Luis (22), Xuntanza (17), Los Bidones (7), La Galaxia (8) e pecha a clasificación MMYPEN con 4 puntos.
Continúa liderando a táboa de goleadores Fernández (A Cepa), con 22 goles, seguido de Toni (Mobles Eume), que nesta xornada anotou 5 tantos, con 19, Vila (As Pontes 74), con 12 goles, Mariño (Farmavida), con 11 e Iván (Santaballés) e Michel (Construcións Guerreiro), con 10 goles. Luis Pico, de Farmavida encabeza a lista do porteiro menos goleado.
A vindeira fin de semana dispútase a 19ª xornada con estes enfrontamentos:
MMYPEN – Const. Guerreiro
La Galaxia – Xuntanza
Santaballés – A Cepa
Farmavida – Los Bidones
Fruterías Luis – Mobles Eume
Descansa: As Pontes 74
Nova cortesía de A.F.
veteranos_7marzo_01.jpg
veteranos_7marzo_01.jpg
veteranos_7marzo_01.jpg
veteranos_7marzo_01.jpg
veteranos_7marzo_01.jpg
veteranos_7marzo_01.jpg
veteranos_7marzo_01.jpg
veteranos_7marzo_01.jpg
veteranos_7marzo_01.jpg
veteranos_7marzo_01.jpg
veteranos_7marzo_01.jpg
veteranos_7marzo_01.jpg
veteranos_7marzo_01.jpg
veteranos_7marzo_01.jpg

También podría gustarte
Comentarios