Galipediar ou Galipedia multiplicada x2 ?

Lendo agnix.org:
“Galipedia é o nome da Wikipedia en galego. A Galipedia botou a andar o 8 de marzo de 2003 e ten agora mesmo 15,262 artigos. Para unha relación dos acontecimentos que foron sucedendo nesta Galipedia véxase: Wikipedia:Actualidade.
Xa que estos dias estamos a celebrar +Internet+Galego+Futuro e ollando outras iniciativas a nível estatal coma WikiesX2 ou Wikipedia para las escuelas, por que non tentar o mesmo coa Galipedia? Galipedia x2? “…

wiki-gl.png


…”Especialmente o profesorado e alumnado galegos teñen unha gran oportunidade de levar adiante unha promoción da língua ao tempo que favorecer o traballo colaborativo e demais valores éticos que envolven ao proxecto Galipedia …
… aínda que poderíamos atopar outras ideas e iniciativas ben válidas para acadarmos ese obxectivo. Démoslle liberdade á imaxinación e poñámonos a traballar!
Certo é que o profesorado galego coñecedor de Galipedia xa o está a empregar e, aínda que só baseándome en presuncións, caseque seguro que o están a facer de xeito pasivo, coma consumidores e non coma protagonistas e actores desta enciclopedia. Pasar a actuar engadindo contidos, publicar os traballos propostos ao alumnado, difundindo a súa existencia, etc, poden ser algúns exemplos.
A idea da Galipedia é a de ter, en galego, unha enciclopedia colaborativa na que afondar no coñecemento. Para isto, entre outras características:
* A colaboración está aberta a todo o mundo.
* Está aberta ás diversas correntes de pensamento, sempre que non sexa agresivo co resto.
* Está aberta a todos os temas.
* Está sendo renovada constantemente.
* Está en continuo crecemento.
* Está en contacto coas outras wikipedias para mellorar dun xeito continuo.
* Está aberta ao uso por calquera persoa que dispoña de acceso a internet, nas condicións de uso da GNU Free Documentation License.
“…
Fonte: agnix.org

También podría gustarte
Comentarios