Gema Buitrón clasifícase coa 26º mellor nota

Xornada de clasificación a vivida durante a mañá e tarde de hoxe na localidade de Rzeszow (Polonia). A arqueira pontesa Gema Buitrón clasificouse coa 26º mellor nota, e mañá competirá na ronda de dezaseisavos contra a arqueira rusa Natalia Erdyniyeva, 7º clasificada. As súas compañeiras de selección Magali Foulón e Beatriz Cabrero, tamén se clasificaron, quedando en 21º e 22º posición respectivamente. Na competición por equipos as tres arqueiras españolas acabaron a ronda clasificatoria en 7º posición, dos 11 equipos participantes, e na ronda final de cuartos enfrontaranse a Italia, o equipo favorito.


Sensacional competición masculina onde Andrés Gómez se clasificou 2º, e Daniel Morillo (bronce con Gema no Mundial Universitario en categoria mixta) foi quinto. Raúl Riera foi eliminado tras quedar na 45º posición dos 58 participantes. Por equipos, España clasificouse para a ronda final en quinta posición.
Na categoría junior, Helena Fernández foi 8º, Francisco Javier Valverde 7º, e o equipo masculino junior clasificouse quinto.
A partir de mañá disputaránse as rondas finais.
Nova cortesía de Xóse Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios