Gema Buitrón finaliza 43º en recurvo individual na Copa do Mundo

A arqueira pontesa non puido superar a rolda de trintaedousavos de final tras perder ante a ucrania Victoriya Koval, no novo formato de sets, por 4 a 2.
O resto da delegación española tampouco puido pasar ronda, Helena Fernández caeu ante a china Ming Cheng por 4 a 0, e o mesmo resultado obtivo Magali Foulón ante a estadounidense Jennifer Nichols.


Gema conclúe na 43º posición, Helena Fernández 54º e Magali Foulón 61º.
Clasificaronse para disputar a gran final a sorprendente belga Sabrina Struyf que se enfrontara á rusa Elena Kuznetsova. Na loita polo bronce a polaca Justyna Mospynek contra a francesa Berengere Schuh.
Non foron moito mellor as cousas en recurvo masculino pois o español mellor calsificado foi o balear Daniel Morillo, na 48º posición, de feito, o único que se clasificou para a fase final. Disputarán a final os estadounidenses Victor Wunderle contra Brady Ellison, e polo bronce o británico Simon Terry contra o galo Jean Valladont.
A final de recurvo mixto disputarana Estados Unidos contra China, conseguindo a medalla de bronce Italia.
Mañá serán as eliminatorias por equipos, disputandose todas as finais o sábado.

También podría gustarte
Comentarios