Gema Buitrón loitará polo bronce na Universiada de Belgrado
A arqueira pontesa Gema Buitrón pasou á historia esta mañá nas Universiadas de Belgrado tras clasificarse entre as 4 mellores das 61 participantes tras unha ronda clasificatoria extraordinaria na que venceu sucesivamente en trintaedousavos á kazaja Yuliya Starateleva (96-88), en dezaseisavos á estadounidense Erin Mickelberry (105-96), en oitavos á unha das grandes favoritas, a ucraina Viktoriya Koval (104-96) e en cuartos á perigosa china Dan Guo (106-105). Perdeu en semifinais contra a número 1 e gran favorita ó ouro, a coreana Kim Yeseul (111-103). Pelexará o sábado pola medalla de bronce ante a experimentada italiana Jessica Tomasi. Polo ouro duelo coreano entre Kim Yeseul e Kim Yumi.
A outra española, Irene Delgado perdeu en trintaedousavos de final ante a checa Eva Spalenkova por 97-83.
Na competición masculina Daniel Morillo quedou eliminado en trintaedousavos, Elías Cuesta en dezaseisavos, e Andrés Gómez en oitavos de final.
Na xornada de mañá disputaranse as medallas por equipos e mixtos tanto en recurvo como en composto, namentres que o sabado finalizara a competición individual tanto en recurvo como en composto.
Nova cortesía de Xóse Ferreiro