GRAN RENDEMENTO DE BORJA PRIETO NOS SELECTIVOS DO EUROPEO DE ZAGREB 2012

O palista pontés Borja Prieto Valera tivo unha destacada actuación nos controis selectivos que fixo a Federación Española de cara ós Europeos de Piraguismo que se celebrarán en Zagreb do 22 ó 26 de Xuño próximos, nos que conseguiu un terceiro e dúas segundas posicións.
Comezou Borja no K-1 1000 metros, onde gañou a súa serie semifinal, a terceira, por diante de Víctor Rodríguez e Roberto Abal.
Na final, sensacional Íñigo Peña cun tempo de 3:54:16, e por detrás, catro homes en catro décimas, Álvaro Bravo (3:57:37), Borja Prieto (3:57:44), Víctor Rodríguez (3:57:51), Diego Piña (3:57:78). A continuación Ekaitz Saies, Roberto Abal, Rodrigo Germade e Óscar Carrera.
Na final directa de K2 500 metros venceron o tricampión mundial junior Diego Cosgaya e o gañador do Sella, Javier Hernanz, cun tempazo de 1:38:98. Segundo foi o tándem Borja Prieto-Rodrigo Germade, cun tempo de 1:42:29, e terceiros Óscar Carrera e Rubén Millán, 1:43:05. Tras eles, Víctor Rodríguez-Diego Piña, o campión olímpico Perucho e o campión mundial Fran Llera, e Robles-Martínez.
Na final directa de K2 200 gran victoria dos xoves Paulino Otero e Cristian Toro (33:94), por diante de Borja-Germade (34:30), Carlos Garrote-Pablo Andrés (34:76) e Perucho-Llera (37:45).
Nos vindeiros días coñecerase a composición dos diversos kaiaks que representarán a España en Croacia, con moitas papeletas para Borja de formar parte do K4 1000 metros.
borja_prieto.jpg


Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios