Importante vitoria do Esteo sobre o Vilamartín por 7-5. Un triunfo moi traballado dos ponteses diante dun conxunto moi loitador que nunca deu por perdido o encontro, como se se xogara a vida neste encontro, cando practicamente tiña moi posibilidades de acadar o ascenso e incluso a segunda praza. Comezaban ben as cousas para o Esteo que ó minuto de xogo tiña no seu haber o primeiro gol por obra de Rubi. Pero a alegría durou pouco, xa que dous minutos despois Leo empataba para o seu equipo. Os dous equipos creaban perigo nas dúas porterías, aínda que con máis claridade por parte dos ponteses, que logran dous tantos máis por mediación de Gerardo e Rubi. Os locais baixaron un pouco o ritmo do xogo o que aproveitou o cadro de Valeorras para empatar de novo con goles de Alfonso, ó transformar un dobre penalti, e Juanma. Tralo descanso, ós catro minutos os valdeorreses póñense por diante no marcador con tanto de Leo, o que trouxo preocupación no conxunto local. Sen embargo, tres minutos despois Fran empataba de novo. Continuaban os ataques para unha e outra portería e Gerardo lograba desfacer a igualada e un pouco máis tarde Bolly, en xogada persoal, poñía o 6-4. Os minutos finais foron de moita intensidade cun Esteo que se defendía ben e atacaba con perigo e un Vilamartín que trataba de acurtar diferenzas, o que logrou con gol de Alfonso aproveitándose da superioridade numérica trala expulsión de Anxo. Dez segundos despois Gerardo lograba o seu terceiro da tarde, tanto que daba tranquilidade á parroquia local, poñendo o definitivo 7-5, aínda que os ponteses tiveron dúas claras ocasións para marcar en xogadas de Pellón.
Na vindeira xornada Bembrive e Esteo xóganse en cancha viguesa o ascenso á Segunda División B. O club pontés ten previsto fretar autocares para aqueles afeccionados que desexen asistir ó partido.
O ESTEO FS: Niceto, Pellón, Fran, Gerardo, Rubi cinco inicial- Pelu, Bolly, Anxo e Gerveno.
VILAMARTÍN FS: Pepe, Juanma, Leo, Alfonso, David cinco inicial- Manu, Carracedo e Álex.
ÁRBITROS: Varela Señarís (Santiago) e Carreira Romero (A Coruña) Amoestaron ós locais Fran e Anxo, este en dúas ocasións polo que foi expulsado a falta de tres minutos para o final.
GOLES: Min. 3 (1-0), Rubi. Min. 4 (1-1), Leo. Min. 4 (2-1), Gerardo. Min. 6 (3-1), Rubi. Min. 18 (3-2), Alfonso. Min. 20 (3-3), Juanma. Min. 23 (3-4), Leo. Min. 26 (4-4), Fran. Min. 32 (5-4), Gerardo. Min. 34 (6-4), Bolly. Min. 38 (6-5), Alfonso. Min. 38 (7-5), Gerardo.
INCIDENCIAS: Partido da undécima xornada da fase de ascenso á Segunda División B disputado no pavillón municipal da Fraga ante uns 250 espectadores nas gradas.
OUTROS RESULTADOS (12ª xornada)
Trabada Bueu (6-0)
Ribeira de Piquín Pazos de Borbén (3-3)
Rececende M. Bembrive (4-11)
CLASIFICACIÓN (ptos.)
1º M. Bembrive (29)
2º O Esteo FS (28)
3º Vilamartín (21)
4º Ribeira de Piquin (14)
5º CD Rececende (13)
6º AD Bueu (13)
7º Pazos de Borbén (13)
8º Trabada (9)
Nova cortesía de A.F.