Gran rendemento dos arqueiros do Clube Sílex Alvariño e Castro

De sensacional se pode calificar o rendemento dos arqueiros do Clube Silex estes días.
Na Copa do Mundo de Shangai que se está a desputar neste momento, Miguel Alvariño foi nin máis nin menos que terceiro dos 97 participantes nas roldas clasificatorias, con 664 puntos, so por detrás do holandés Van den Berg (669) e do malasio Mohamad (667). Quedou incluso por diante do gran Brady Ellison que foi cuarto con 663. Dos outros españois Juan Ignacio Rodríguez foi 16º con 658 puntos e Antonio Fernández 23º con 653.
Con isto Miguel saltou dúas roldas nas fases eliminatorias. En dezaseisavos venceu 6-5 a Jon Chol, de Corea do Norte, anque logo en oitavos caeu 1-7 co mexicano Luis Álvarez, quedando definitivamente noveno.
Dos outros dous españois, Fernández, venceu 6-0 ó danés Weiss, 6-5 ó francés Daniel, caendo 3-7 co galo Plihon, finalista co xaponés Kikuchi. Rodríguez venceu 6-0 ó sudanés Adam, 7-1 ó brasileño Oliveira, caendo co representante de Taipei, Chang 3-7. Ambos acabaron na decimoséptima posición.
O gran rendemento do cadro español nas calificatorias, o terceiro posto de Miguel e o 16º e 23º dos seus compañeiros levaronos a quedar segundos na clasificación por equipos masculinos con 1975 puntos, so catro puntos por debaixo da India. Nos cruces directos correspondeulles Canadá (15º) na primeira rolda, gañando 6-2, pero logo caeron en cuartos con Holanda por un contundente 6-0, acabando quintos e sendo finalistas Xapón e Australia.
En mulleres, nas calificatorias, Mirene Etcheberría foi 14º e Magali Foulón 74º. Foulón gañou 1-7 á iraní Abdolkarimi, pero logo perdeu 0-6 coa francesa Brianne, acabando no 33º lugar. Etxeberria, que saltou unha rolda, gañou 0-6 á indonesia Wardani, pero logo perdeu 6-0 coa francesa Lecointre, acabando 17ª, sendo finalistas a china Xu contra a alemana Richter.
O terceiro posto de Miguel e o 14º de Mirene nas calificatorias levounos a que clasificaran no recurvo mixto coa terceira mellor marca dos 25 países participantes, 1312, empatados coa potencia China, lonxe dos 1332 do intratable equipo mexicano, magoa que no seu enfrontamento de oitavos contra Gran Bretaña (14º), perderon no desempate, 4-5, acabando novenos, e chegando á final México e Estados Unidos.
Por outra parte Daniel Castro quedou definitivamente seleccionado coa selección española cadete que participará no Campionato de Europa da categoría en Eslovenia e no que se xogarán ás prazas para acudir ás Olimpiadas da Xuventude.
miguel.jpg


Nova cortesía de Gema Buitrón e Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios