O COMERCIO PONTÉS CELEBRA O DÍA DA NAI

En maio celébrase unha das datas máis especiais do calendario, o día da nai, un día no que se volve activar unha vez máis o enxeño e a imaxinación para ser orixinais e homenaxear de xeito singular as nais.
Por iso, dende o 25 de abril ata o 4 de maio, baixo o lema “O agasallo para a mellor mamá do mundo”, uns vinte comercios ponteses ademais de axudar aos compradores a elixir ese regalo entre a súa oferta comercial, darán a oportunidade de completalo sorteando un fin de semana para dúas persoas nun balneario de Galicia.
No sorteo, que se celebrará o 5 de maio no local da asociación de empresarios e comerciantes, poderán participar todas as persoas que fagan compra nalgún dos establecementos participantes e pola que recibirán un boleto que deberán cubrir correctamente e depositalo en calquera das urnas que terán a disposición.
Deste modo, os comerciantes contribúen a que a homenaxe as nais se converta nun día inesquecible.
banner_dia_madre.jpg


CAMPAÑA MERCA NAS PONTES “O AGASALLO PARA A MELLOR MAMÁ DO MUNDO”
ESTABLECEMENTOS PARTICIPANTES
XOIERÍA BICOS, NODO DIXITAL, ÓPTICA BAAMONDE, CALZADOS SAAVEDRA, BAU BAU BOUTIQUE INFANTIL, TEXAS, ÓPTICA CORTIZAS, NIZA, AZALEA ZAPATERÍA, DEKO LOGAS, XOIERÍA CARBALLEIRA, CALZADOS PAJÓN, TRES LÚAS, URBO, LIBRERÍA XANDRA, ZOKOS, MODA VILABOY, DEPORTES LECAR 712, LAS COSITAS DE VEGA, ÓPTICA CARMELA.
DURACIÓN
Do 25 de abril ao 4 de maio de 2014 (período suxeito ao horario comercial do establecemento participante).
MODO DE PARTICIPACIÓN PARA CLIENTES
O cliente poderá identificar ao establecemento participante polo cartel anunciador da campaña.
Poderán participar persoas maiores de idade, con plena capacidade para o exercicio dos seus dereitos e que realice compra nos establecementos adscritos á campaña entre o 25 de abril e o 4 de maio. Baixo as condicións establecidas polo establecemento e ata fin de existencias, o cliente recibirá o boleto gratuitamente para participar no sorteo. Non existe límite de participación por cliente.
O cliente deberá cubrir o boleto co seu nome, apelidos e número de teléfono asegurándose de que leva o selo do establecemento participante, do contrario non será válido e deberá depositalo en calquera das urnas dos establecementos participantes ou no local da Asociación.
Os datos persoais que figuren nos boletos non serán empregados para outro fin distinto ao da participación no sorteo e serán destruídos ao remate da campaña.
SORTEO
Haberá un sorteo a celebrar o 5 de maio no local da asociación de empresarios e comerciantes ás 12.00h.
Entrarán no sorteo os boletos recollidos dos establecementos participantes.
Só serán válidos os boletos correctamente cubertos cos datos solicitados, incluído o selo do establecemento, e que non estean rotos, deteriorados, ilexibles ou conseguidos mediante mala fe.
A persoa cuxo nome apareza no boleto deberá contestar ao teléfono no momento en que se fai a chamada senón perderá a oportunidade de gañar o premio pasando a extraerase outro boleto.
O nome da persoa premiada publicaranse nas webs www.amigus.org e www.mercanaspontes.com, e demais medios de comunicación.
PREMIO
O premio a sortear será un Fin de semana para dúas persoas en pensión completa no Balneario de Mondariz.
O/a gañador/a recibirá o premio en forma de vale que deberá entregar no establecemento correspondente.
Aceptación do premio: No momento da chamada explicaráselle á persoa elixida as condicións de aceptación do premio. Se acepta o premio presentarase na oficina da Asociación para facilitar os datos persoais e recoller o vale.
No caso de que a persoa non acepte as condicións do premio, o que implica renunciar ao mesmo, volverase a extraerase outro boleto cun máximo de cinco.
SOBRE AS BASES
Os establecementos participantes e a asociación de empresarios e comerciantes, terán a bases de participación a disposición de calquera interesado.
A participación nesta campaña, obriga ao establecemento adscrito e ao gañador/a do premio ao cumprimento de todas e cada unha das presentes bases.
A Asociación non será responsable dos danos e prexuízos que se deriven da operativa, agás que os mesmos sexan ocasionados por unha actuación neglixente ou dolosa da Asociación.
A Asociación terá plena potestade para interpretar, aclarar e modificar total ou parcialmente as presentes bases, sen incorrer por iso en responsabilidade algunha.

También podría gustarte
Comentarios