Hipalinux apoia ó goberno na consecución da ‘neutralidade tecnolóxica’

Lendo hipalinux.es:
“En recentes declaracións do goberno en resposta parlamentaria á pregunta formulada polo grupo Mixto alúdese á ‘neutralidade tecnolóxica como unha boa base para orientar unha adecuada definición de políticas deste sector, de tal maneira que debería aplicarse a tódolos ámbitos, dende as compras públicas ó marco regulatorio’.
Hispalinux comparte esta afirmación, aínda que entende que se refire a ser neutros en canto a preferencias polas empresas a contratar e vixilará que en tódalas licitacións e contratos realizados polas distintas Administracións Públicas e entidades dependentes non se especifiquen a priori condicións, marcas ou modelos que poidan desequilibrar esa neutralidade como así o estipula o Real Decreto Lexislativo 2/2.000, de 16 de Xunio”…


Fonte: hipalinux.es

También podría gustarte
Comentarios