Amigus
As Pontes

Historia de As Pontes (II)

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Era prehistórica:
O Val de As Pontes foi formado por sedementación de capas cuxo principal ingrediente é do reino vexetal: sixilarias, felgos, etc., sedementacións ocorridas na era (Terciaria), como demostra a clase de carbón existente: lignito de 2.000 calorías; na seguinte era (Cuaternaria), apareceu o home.


A Comarca de As Pontes foi lugar preferido dos nosos antergos prehistóricos: así o demostran os numerosos monumentos funerarios (un cento deles aproximadamente) existentes: as Medoñas ou Mámoas) levantadas por eles, a xeito de túmulos funerarios ou penedos tumularios, en cuxo interior poñían os restos humanos e obxectos da pertenza dos mortos.

Medonha.jpg

As diferencias que, na súa estructura, presentan estes monumentos, así coma os obxectos atopados, poñen de manifesto que na Comarca de As Pontes sucedéronse diversas culturas, ou ben, fases de desenrolo dunha cultura multisecular que, na opinión dos demais eruditos da pescuda, foi a cultura Asturiense.
Ata a data non foron atopados útiles nin restos dos precedentes habitantes quedando así unha longa lagoa dende os primeiros poboadores (dende fai uns 25.000 anos – chegada do home de Cromañón ao norte de España) ata os constructores das Medoñas mais antigas (6.000 anos antes de Cristo como mínimo)
As medoñas sen cámara -ou Anta- dolmenica:
Hai exemplares no Val de As Pontes; un dos cales foi explorado en agosto do 1973, po-los mozos afiliados á organización O.J.E. de Coruña, Ferrol e As Pontes. É un tipo de medoña rudimentario, coa forma típica das Medoñas (montículo de xeito cónico) e de medianas dimensións: uns seis metros de radio na base e aproximadamente tres de altura no vértice central. A súa cámara era de terra, po-lo que foi inútil busca-lo anta de pedra; nela foron atopados múltiples obxectos (actualmente no Museo de la O.J.E. da Coruña) extremadamente bastos, detalle coherente co estilo rudimentario da construcción que, segundo comprobamos, non tiña edificación de pedra no seu interior. Os útiles atopados foron: pezas de lousa pulimentada, feita de pedra tallada de cuarcita, alabardas de lousa, puntas de frecha de sílex ou cuarcita, raspadeiras e burís do mesmo material, machadas pequenas ou raspadeiras de sílex, imaxe amulética de lousa e cachos de argamasa cálcica (probables restos humanos). Obxectos que a Escola de Arqueoloxía do Movemento, da Coruña, estimou pertencentes a idade Pre-Neolítica (Período Mesolítico), como mínimo 6.000 anos antes de Cristo. Dita Medoña estaba situada no paraxe de Portorroibo, a tres Kms. de As Pontes. Existiron alí moitas mais.
Medoñas con anta de material heteroxéneo:
Tais son as existentes en Marraxón (As Pontes), a 6 Kms. da Vila, cun numero de media ducia, exploradas no 1930 po-lo profesor ortigueirés D. Federico Maciñeira. Unha das cales foi novamente aberta no verán do 1973 po-los mozos da (Peña San Miguel), de As Pontes, quen atoparon (pese a ser anteriormente explorada) uns exemplares de machada de pedra tallada, en cuarcita. Entón coñeceuse a estructura das devanditas medoñas: posúen cámara poligonal, do tipo dolménico, pero as súas laxas verticais son de madeira en troques á pedra, actualmente carbonizadas. Levan por tapadeira superior varias pezas de lousa. As súas dimensións son: uns dez mts. de radio no baseamento e uns cinco de altura máxima. Son tamén medoñas rudimentarias, aínda que non tanto coma a denantes descrita; deben pois remontarse ó Neolítico de comezos (5.000 anos antes de Cristo.). As dimensións consignadas refírense ao contorno externo das mesmas, pois as cámaras son polígonos de uns 3×3 mts. na base e por 2 mts. de altura.
Medoñas con cámara poligonal dolménica e corredor:
Abundantes na comarca de As Pontes, de maiores dimensións cas anteriores, ostentan un tipo de arquitectura prehistórica perfecta, coincidindo cun perfeccionamento nos obxectos atopados moi superior ó dos precedentes, po-lo que ditos monumentos son de épocas posteriores (Neolítico medio e final)
Deste xénero son dous exemplares explorados en setembro do 1970 no lugar de Abelleira (Lousada), a 10 Kms. de As Pontes, po-la Sección de Arqueoloxía e Prehistoria do Instituto Pai Sarmiento, de Santiago de Compostela (publicado entón no Faro de Vigo e no Ideal Galego. Abriron dúas Medoñas de grandes dimensións (duns 15 mts. de radio, na base, por uns 6 de altura; e polígonos dolménicos de andar cuadrangular de 4 mts. de lado por 3 de altura).
Devanditas cámaras eran precedidas dun pequeno corredor de acceso, de igual altura. Todo o conxunto firmado por laxas robustas de lousa, verticais, coroadas dunha enorme laxa horizontal (tamén de lousa), cuxo peso chegaba a varias toneladas. No interior aparecera abondoso material de puntas de frecha trapezoidais de sílex leitoso e marfileo, machadas de pedra pulimentada, ídolos-betilo, discos de xeito amulético; cerámicas de varias clases, decoradas de franxas punteadas incisas; microlitos de cristal de roca, prismas de cuarzo hexagonais, etc.
Na referida parroquia de Lousada, e na súa parte occidental, quedan aínda moitos exemplares mais sen explorar. Na mesma parroquia de As Pontes hai numerosos monumentos desta modalidade. Os mentados de Lousada, pertencen (no parecer do Profesor da dita Sección do Instituto Padre Sarmiento) ó Neolítico e coa antigüidade de 4.000 años antes de Cristo.
O profesor de Belas Artes D. Federico Maciñeira, no 1930, explorou moitas das Medoñas de As Pontes e Comarca publicando os resultados na revista (La ilustración Artística) de Barcelona. Atopou exemplares do Neolítico final e comezos da era dos metais, o que se deduce dos obxectos atopados: unha machada de pedra pulimentada, unha lanza, unha diadema de ouro, nas Medoñas da Mourela (As Pontes).Un vaso campaniforme, machada de pedra, torques, outros obxectos e puntas de frecha en (Medoñas) de Vilabella (As Pontes). Buscou principalmente exemplares de grande tamaño aparente resultando ser do estilo das anteriores (de Lousada), algunhas con andar e outras sen el, pero con cámara dolménica de grandes proporcións e igualmente con laxas de lousa.
Monumentos prehistóricos que lamentablemente xa non existen:
Un dos Cromlech principais de Galicia (así o cualifica Espasa Calpe) estaba emprazado en As Pontes, lugar da Mourela, pero as súas venerables pedras forman parte do chan do Camiño As Pontes-Fonte das Buliqueiras. Ó construílo (no último decenio do século pasado), a incultura conduciu a cometer este abominable desastre: por comodidade botaron man dos menhires que
integraban tal monumento megalítico. Así mesmo, en pouco, desaparecerán toda-las Medoñas emprazadas na conca mineira (que sumaban mais de vinte), quedando nembargantes un grande número nas aldeas de As Pontes, Villavella, Freixo, etc.
Outra versión do neolítico e eneolítico na comarca de As Pontes:
Colaboración de D. Gonzalo Aguiar Cajete, Enxeñeiro Técnico e Director da Empresa C.E.A.S.A. de As Pontes (hoxe en día desaparecida, e que asentaba en Vilavella). A partires do período neolítico local, unha secuencia de restos arqueolóxicos levan-nos dende esta época ata a domeñación romana, xa penetrados en plena historia.
Non podemos falar de vida paleolítica nesta comarca, pero tampouco desbaratar a posibilidade de que haxa existido (Atopáronse pezas soltas probablemente pertencentes ó paleolítico superior en Muras e Vilalba (Lugo)); os poucos de achados no Norte de Galicia, alén da dificultade inherente á localización de xacementos superficiais, e dado a pouca cantidade de
covas ou cavernas que puidesen ter sido habitadas po-lo home paleolítico (A Sección de Prehistoria do Instituto Padre Sarmiento, de Santiago, efectuou no ano 1972 unhas prospeccións na (Cova do Rei Cintolo) (Mondoñedo). Practicáronse dúas calicatas, unha no vestíbulo de entrada e outra a 350 m. da mesma, aparecendo nesta, ósos varios de trazos cromañoides.), non di senón da falla de actividade arqueolóxica sistemática.
Así pois, os indicios arqueolóxicos que podemos datar como mais antergos, localizados na comarca, levan-nos ata unha etapa neolítica. Deste período parecen ser as mámoas ou Medoñas exploradas en Lousada (Sección de Prehistoria do Instituto Padre Sarmiento.), túmulos funerarios de carácter megalítico cuxos dolmens postos ó descuberto corresponden ó tipo de
cámara poligonal. As prendas funerarias destas mámoas compoñíase de machadas de pedra pulimentada de corte curvo, puntas de frecha de sílex romboidais, cerámica de franxas punteadas incisas, ídolos e discos de carácter amulético, raspadeiras prismáticos de cuarzo, etc. No apareceu nas mesmas, obxecto algún de metal.
Esta cultura neolítica, da cal son mostra as mámoas de Lousada, chegou a esta comarca probablemente procedente do Sur. Sabemos que unha cultura neolítica de considerable importancia floreceu en Portugal e no Baixo Miño, estendéndose paulatinamente cara ó Norte.
Este foco antiquísimo da cultura megalítica, especialmente localizado en Portugal, difundiuse seguindo as costas e a corrente dos ríos ata Francia, entrando nas Illas Británicas, e quizais que abrindo camiño a unha posterior expansión da cultura eneolítica do vaso campaniforme.
Precisamente nesta comarca, mais importante ca o neolítico resulta el desenrolo da cultura eneolítica ou calcolítica, caracterizada po-lo uso de metais, cobre, e ouro, conxuntamente coa pedra. En As Pontes xurde un foco megalítico de considerable importancia. A influencia cultural parece proceder de Andalucía, pero con matices propios da idiosincrasia do país. Esta influencia testemúñana os dous vasos campaniformes atopados en Vilabella (As Pontes (Boletín da Real Academia Galega, tomo XV-XVI. Pericot García: dous vasos campaniformes da colección da Igrexa.), os dous únicos exemplares reconstruídos na súa totalidade dos atopados en Galicia.
Corresponden a tipos dexenerados e mostran unha grande similitude cos vasos portugueses e mailos da Bretaña francesa. Os vasos campaniformes aparecen nun momento avanzado da cultura megalítica. A poboación eneolítica do vaso campaniforme coñece as técnicas metalúrxicas do traballo do cobre e fai uso por vez primeira vez de ornamentos de ouro.
As mámoas aparecen en mesetas elevadas e xunto dos camiños, o que quizais nos diga dunha economía de tipo pastoril. Perante o eneolítico, as relacións marítimas comezan a ter considerable importancia, aínda entre rexións moi afastadas entre si, favorecidas en particular po-la pescuda e comercio dos metais. A posibilidade de contactos entre estas comarcas norteñas
e os pobos do sur da península non é de desprezar. O Feito de ter chegado a cultura do vaso campaniforme á Bretaña francesa, cando neste país existía xa unha rica civilización megalítica, evidencia uns contactos marítimos dos cales os vasos de As Pontes son o único eslavón coñecido. Unha corrente atlántica de megalitismo apuntou cara a Bretaña francesa dende as costas de Portugal e Galicia, abarcando igualmente Irlanda e Inglaterra, cando xa na Península
tíñase desenrolado a faciana cultural do vaso campaniforme.
A comarca de As Pontes comunicaba coa costa cantábrica, especialmente con O Barqueiro e Bares, a traveso de camiños que seguían a Serra da Faladoira ou a Conca do río Sor. O camiño serrán, chamado camiño do mar ou (dos arrieiros), seguía os cumios do Caxado, Faladoira, Mouraz, Coriscada e Ramasquido. O longo deste camiño levantáronse un grande numero de
mámoas, as do cumio do monte Faladoira, as de Marraxón (Boletín da Real Academia Galega, tomo XX. Federico Maciñeira: Algunhas consideracións en torno ó mais exacto emprazamento do golgo de los ártabros..).
Corresponden a esta cultura eneolítica os dous cromlechs ou círculos líticos, únicos atopados en Galicia, situados un en Espiñaredo e outro na Mourela (Hoxe desaparecidos). En canto que a menhires podemos citar o de Pedrafita (Aparral). Estes círculos líticos son semellantes aos de Bretaña e as Illas Británicas e supoñen unha evidencia mais á teoría das relacións atlánticas, segundo a cal Galicia, Irlanda e Bretaña, mantiveron contacto entre elas dende unha idade moi curta (Boletín da Real Academia Galega. tomo XIV. Federico Maciñeira: Relacións marítimas entre o norte de Galicia e as illas Británicas en tempos prehistóricos).
En Bares existe una escolleira que, segundo os estudios de Maciñeira, puidera tratarse dunha construcción moi vella relacionada co camiño tumulario de As Pontes: quizais que punto de partida das viaxes dos primitivos galegos a Bretaña e Irlanda, ou punto de chegada dos comerciantes tartesos ou fenicios (Maciñeira, Adolfo Mahr, Bosch Gimpera, Pericot García).
Os vellos autores, Avieno, Strabón, Plinio, falan-nos das embarcacións de coiro e vimbios que os habitantes de Galicia e Bretaña usaban dende remotas épocas nas súas viaxes a traveso do mar. Tan grande numero de semellanzas arqueolóxicas, tradicións e supervivencias folclóricas, lévanos a crer na existencia. perante os primeiros tempos do metal, ou quizais perante o mesmo neolítico, dun mesmo pobo en Galicia e en Bretaña. Este pobo sería o dos Oestrymnios, mencionado no Periplo de Aveno. As relacións do Noroeste peninsular con Bretaña e las Illas Británicas continúan durante a Idade do Bronce.
Arte protohistórico ou céltico:
Ao igual cos nosos antergos precélticos (Lígures e Oestrymnios, autores dos descritos monumentos megalíticos) tamén os Celtas elixiron a Comarca de As Pontes como preferido lugar de estadía, nos séculos VIII-V antes de Cristo. Así o demostran o grande numero de fortificacións (Castros) que ainda perduran e os nomes de aldeas, ríos e penedos da zona, case todos de etimoloxía celta.
Habendo vencido ós indíxenas e mesturándose con eles, sentaron o substrato da nosa raza galega, que aínda hoxe segue marcada po-los trazos peculiares de aquel pobo. Así pois, aínda que alonxándonos do tema, adiquemos unhas líñas á procedencia e cultura dos Celtas:
Procedencia dos celtas:
Segundo os historiadores e investigadores de maior personalidade, coma o escritor hispanoamericano F. Guerra, os Celtas proviñan de Circasia, das chairas moscovitas, do Turquestán e das marxes do Indo. Referendan esta aserción as semellanzas entre os celtas da nosa Península e mailos pobos asiáticos nas costumes, entre das linguas célticas e arias, e a identidade dos nomes dos lugares do Norte de España con outros asiáticos; po-la vía do exemplo mentaremos algúns:
-O nome de Cantabria coincide co da montaña Cántabras Indo-Escítica nas estribacions meridionais do Himalaia).
-As tribos Astures (de Asturias) levan o mesmo nome das tribos circasianas dos Asturicanos, entre de Cáucaso e o mar de Azof.
-Hai pobos Taporos en Lusitania e Tapuros en Asia, os Masagetas ou Tártaros do Aral e Montes Celestes).
-Pertence a Asturias unha comarca chamada Pesicao entre o Nalón e o Narcea e, co nome de Pesicos hai lugares no Aral, Caspio e Montes Oxios. A esta etimoloxía pertence Pezós, municipio de Asturias.
-O Cabo de Peñas era antigamente chamado Promontorio Escítico e é Escitia a zona soviética limítrofe coa India.
-Na cordilleira Pirenaica hai un monte chamado Vindio e outro, do mesmo nome, na India, etc, etc, etc.
Personalidade e cultura céltica:
Os Celtas (do grego Keltoi= Montañés) eran, segundo o Historiador Costa Clavell, guerreiros de espírito inquedo; ansiaban coñecer horizontes descoñecidos, o que explica a súa presencia en rexións de Europa moi afastadas unhas doutras: Galicia, Bretaña Francesa, Escocia, Irlanda,
Cornualles, Gales e la Illa de Man.
Afirma Edelvives que os celtas eran diferentes dos Iberos, maior o seu espírito de asociación e disciplina, mais dados a la obediencia. Así mesmo, apuntan os escribáns do diccionario Salvat, que eran pobos de carácter hospitalario, loitador e un tanto cabaleiresco; propensos ao heroísmo.
A cultura Celta era superior á dos indíxenas, quen demostran ter sido pobos atrasados a xulgar po-los obxectos deles atopados; xa coñecían a agricultura e gandería, pero os Celtas perfeccionaron esta última, chegando a comerciar coas peles. Coñecían a arte de fiar tecer, pois nalgúns castros foron atopados restos de tear rudimentario. O avance cultural deste pobo constitúeo a mineraloxía: con eles introdúcese en España a cultura de ferro e os metaes (Hällstat e la Têne).
Os escribáns clásicos falan da riqueza do chan galego explotado po-los Celtas quen comerciaban con Armórica, Irlanda e os fenicios; Posidonio, Plinio, etc.; usaban principalmente os portos de Burum (Vares) e o Portus Magnus Artabrorum (na ría da Coruña), entre dos que se estendía o celebre camiño dos Arrieiros, descrito por Castroviejo, que pasaba por As Pontes. A súa dirección era: Vares, Muoraz, Coriscada, Faladoira, Caxado, Puentes, Xestoso, Areas,
Betanzos… Ruta precéltica, como se deduce da distribución das Medoñas que, nesta zona, están situadas nos arredores da devandita ruta na Faladoira, Freixo, Marraxón, As Pontes, Mourela, etc. Así mesmo as súas fortificacións (ou Castros) da nosa comarca tamén se atopaban emprazadas en lugares estratéxicos fronte ó mesmo camiño: Castro da Uz, Ribadeume, Bermui,
etc.
Vivían en poboados ou alquerías illadas, edificios cónicos, coma os aínda existentes en Pedrafita e Ancares, acolléndose, en caso de perigo ás alturas fortificadas dos Castros.
Moito mais se podería dicir sobre da cultura e costumes Celtas, mais como non corresponde ó noso tema, podemos poñer fin mentando ó celebre poeta Osian e ó invicto caudillo Breogán, rei dos brigantinos, cuxa existencia non é lendaria senón histórica. Consta na obra histórica irlandesa (Leabhar Gabhalas, fonte usada por Murguía, Risco, Álvarez Sotelo e outros autores, segundo o que Breogán viviu nos primeiros tempos da estadía celta na Galicia (século VI antes
de Cristo), era fillo de Brath, descendente de Fenn. Ergueu a torre do seu nome; por influxos neoclásicos, posteriormente foi chamada Torre de Hércules. (Nos mapas medievais figura co nome de Farum Brigantium). A súa figura actual data do reinado de Carlos I, tendo sido ampliada xa po-los romans.
Breogán levou a cabo a invasión de Irlanda, nos tempos do rei Eriu; dahí que sexa Irlanda o país mais semellante a Galicia, en topónimos e folclore, v. gr.: a música de gaita.
Toponimia celta na comarca de As Pontes:
Os grupos xentilicios celtas deron nome ás comarcas galegas e do seu idioma proceden os actuais nomes de lugares, ríos e penedos. Así, po-la vía do exemplo, dos Brigantinos procede Betanzos; dos Tamaricos o Tambre; dos Grovios o Grove; dos Seurros Sarria; dos Lemabose Lemos; dos Tiburos Trives; etc., etc… Na Comarca de As Pontes residiron moitas tribos
pertencentes á Confederación Artabra (agrupación Céltica del N. O. de Galicia); tales eran as tribos Ceuci ou Cauci, de onde procede o abondoso numero de aldeas chamadas Couce: Couce da Cabana en San Mamed; Couce Gordo e Couce Redondo en el Freixo; Couce dos Mouros en Ambosores; etc… En xeral a inmensa maioría dos nomes son Celtas. Só un pequeno numero son
derivados do latín. Das tribos precélticas pouquiños nomes poden atoparse, xa que, ao fusionarse cos celtas, eran inferiores en numero e cultura. Os filólogos atribúenlles as palabras por sufixos en – asc, – esc, – osc, – rro… de onde poden proceder Curro (Pena do Curro – As Pontes), Tarrao (en Aparral), etc.
Tamén os vocablos de derivación Celta son coñecidos, en grande parte po-lo
sufixo: segundo Risco, Freijomil e outros, son sufixos celtas, por exemplo, as terminacións en (dunum) despois transformadas en don como Vadón (aldea de As Pontes) que significa finca de cervos; as terminacións en briga, que significa poboado (de aí o nome Brigeo, en As Pontes, hoxe mudado a Brixeo); as terminacións en bri (transcrito en bre como Sillobre, Barallobre, Fiobre, etc, sufixo que significa monte; a terminación en mil, que significa río, como
Candamil (xunto do río); etc., etc… A terminación rut, que significa cultivo (do bretón rut=cultivo) numerosos nomes transformados en rit ou riz; como Pena de Eiriz (rocha do camiño, pobo a 10 Km. de As Pontes); Goiriz (camiño do furado); Mondriz e Mondariz (camiño brando), etc… Os mesmos estamentos sociais celtas deixaron o seu nome nalgunhas zonas (segundo X. Luis Franco Grande), como na Terrachá (Lugo) o gremio dos Baluros, que tiñan funcións maxico-relixiosas (adiviños). Igualmente perduran os nomes das súas divindades: os regatos (segundo Risco) eran o Deus Rego; Eume (segundo Esquilo) era deusa Celta da fertilidade, etc…
Para rematar indicaremos algúns topónimos da nosa zona:
Cuiña= costa empinada; Catarou= mirador (do verbo celta Chetar= mirar); Caxado= caiado (forma da dita rocha); Parrocha= cabaica; Azureira= lugar pequeno; Illade= finca pechada; Candedo= monte de pan candeal; Garavatos= asentos na altura; Pena Purreira= rocha de po; Touza= finca de matogueiras; Pinguela= manantial de rocha; Reboredo= robledal; Eiroa= sitio de anguías; Recimil (ou Recemel)= finca de coles; Bouza= terreo de arbores ou maleza; Roza=montón de restrollo para queimar; Busto ou Bustelo= terra dedicada a pasto; Burgo= fortaleza; Cuvela= torre de defensa; Invernes (de sirnan= neve)= paraxe de neves; etc., etc.
Descrición arquitectónica dos monumentos celtas da zona de As Pontes:
Consérvanse moitos Castros, ainda que incompletos porque os labregos, ó longo dos séculos, levaron a cabo moitos traballos de labranza sobre deles, po-lo que hoxendía so se lles aprecian os perfís de emprazamento, deteriorados e incompletos. Eran estas obras recintos fortificados de xeito elíptico ou circular, emprazados en lugares estratéxicos. Na Comarca de As Pontes hai varias modalidades deles:
A) Castros de guarnición de industria:
Com o explorado po-los mozos d O.J.E. da Coruña, Ferrol e As Pontes, en Vilacide (Cabreiros), a 13 Km. de As Pontes, na primeira quincena de agosto do 1973. O contorno do devandito castro estaba formado po-la coroación natural do cumio con rochas escarpadas de lousa. Os Celtas aproveitaron o circundo rochoso, completándoo con fortes muros de mampostería (que aínda existen) formando así unha ampla fortificación (dunhas cincuenta áreas) dentro da que
traballaban a cerámica. Víase aínda o lugar do forno, coa súa forma peculiar, e o empinado camiño de acceso. Neste terreo aparecen ó cavar, cachos de cerámica. É de lamentar que os veciños dese lugar desmantelaran as pedras das ditas construccións para servicio das súas fincas.
B) Castros de vixilancia:
Emprazados no cumio de altos penedos. A este xénero pertence o do monte de Castrillón (en Roupar), a 12 Km. de As Pontes e a 800 mts. de altura, dende onde se divisa unha grande zona, incluso o camiño ó mar dos arrieiros que pasa por As Pontes e mai-lo outro camiño (deses tempos) que se estendía: das proximidades de Lugo á ría de Ferrol, pasando tamén por As Pontes (mentado por Castroviejo), ruta de transporte do estaño de Ourizón ao mar. Este Castro (coma os de vixilancia) de pequenas dimensións (unhas 10 áreas), de xeito circular. O seu perfil externo, bastante ben conservado, consta de muro de mampostería de lousa duns 6 mts. de altura, coa entrada por la parte S.O. Unha pequena elevación (sen explorar) no medio indica vestixio da vivenda dos vixiantes, que mediante lume denunciaban en arredores a proximidade do
inimigo.
C) Castros de guarnición común:
Son os mais abondosos na nosa comarca; lugares de concentración e refuxio en tempos de guerra. A parroquia de Bermuy (a 8 K m. de As Pontes posúe algúns; un bo exemplar, Ribadeume (a 5 Km. de As Pontes); varios na Vilabella, Cabreiros, Xermade, etc. Posúen forma elíptica ou redonda, con unhas 20 breas de Monte do Castro de Seoane (Parroquia de S. Xoan do Seixo (A Capela) cun castro de vixilancia no cumio). Aprécianselles parte dos perfís do emprazamento consistentes en espesas murallas de mampostería, con algúns hocos a xeito de garitas, para os vixiantes. Unha ou dúas entradas, cara a as cales quedan vestixios duns camiños profundos que os veciños chaman Congostras.
No el interior divísanse restos de vivendas, de planta cadrada e de pouca altura, con muro tamén de mampostería. Parece que no seu interior houbo foxos (as veces abertos na rocha) e parapetos de pedra miúda. En Ribadeume, ao practicar traballos agrícolas no Castro, apareceron cachos de cerámica Celta que desgraciadamente non consensuaron.
Un lugar da nosa comarca, capital celta e efémera sede do rei Bermudo:
As parroquias de Ribadeume e Bermui posúen moitos Castros, sobre de todo Bermui, que po-la súa configuración xeográfica, foi elixida po-los Celtas para capital de zona, dada-las súas condicións estratéxicas, como se observa no numero de castros que hai.
Despois dos Celtas sigue sendo tal zona, lugar preferido, como mostran os vestixios de cemiterios paleocristiáns alí existentes, onde apareceron sartegos de defuntos ilustres. Precisamente estes cemiterios e as Igrexas foron construídas ao abeiro dos castros: o castro de Ribadeume foi eliminado do campo da Igrexa en data recente; a antiga igrexa de Bermui e a ermida que existiu en Hermida (Bermui), tamén posuían un castro no seu carón.
No ano 980 os nobres galegos, en rebelión contra do rei Ramiro III, proclamaron a Bermudo El Gotoso rei de Galicia e foi consagrado como tal no Santuario de Compostela. Derrotou ó lexitimo rei: Ramiro de León, na loita de Portela das Areas. Foi un gran rei mártir da nosa independencia.
No ano 987 Almanzor, hagib do musulmán Hixen II, dirixiu unha gran expedición contra Galicia: diante da superioridade do inimigo o noso rei Bermudo fuxiu cara ó norte e estableceuse na paraxe de Bermui (que recibiu o seu nome=Bermudo); escolleu este sitio porque era moi estratéxico.
Pese as guerrillas que mandou contra Almanzor, non puido deter o seu paso arrolador: o 10 de agosto do 997 asediou Compostela destruíndo a Cidade e mailo Santuario Apostólico, (construído no 840 por Alfonso II o Casto, habendo sido descuberto sartego no 804 permitindo León III o seu traslado da Sé de Iria a Compostela, po-lo 810). De seguido tomou A Coruña e despois Betanzos. Entón Bermudo fuxiu a Oviedo (de onde era nativo) pasando po-la nosa comarca na súa retirada.
No 999 Almanzor retirase de Galicia e volve Bermudo, reconstruíndo as fortezas e mosteiros; pero morreu ó pouco tempo en Vilanova do Bierzo. Os seus restos descansan na Catedral de León, cuxo reino recibiu á morte de Ramiro III.
Nos albores da historia:
En vésperas do comezo da Idade Antiga é digno de menta-lo acontecemento que afectou ós nosos antergos (como tóda-las tribos do país galego): no ano 440, antes de Cristo, os Cartaxineses celebraron alianza coas tribos galegas, con motivo da que os galegos tiveron que tomar parte na guerra de Viriato contra Emiliano. Morto Viriato, os galegos foron vencidos por Décimo Junio Bruto, que chamou ó noso país: Galetia (Pais de galos).
O sometemento a Roma:
Unidos os galegos ós cántabros tentaron expulsar ó exercito romano, pero, derrotados no monte Medulio, pasan a ser súbditos romanos; fúndense con eles, aínda que predominando os celtas. Crearon novos portos, camiños, explotacións, etc., é esta a época en que Galicia foi mais rica.
Restos romanos:
Temos as nosas vías romanas, cuxo empedrado ainda se aprecia en Tras da Ponte e Ponte Romano na devandita vía, sobre do río Chamoselo. Seguindo a vía romana (po-la rúa de San Xoán), debeu ter outra ponte romana sobre do Eume, que se habería derrubado antes do século XIV, cando García Rodríguez construíu o actual (vello); durante tal lapso de tempo (conta a tradición oral) a xente pasaba o rió po-lo medio dunha ristra de pedras e mailos carros e animais, mollando os pies. Dende enton chamouselle (Porto dos Bois) ó acceso do camiño do rió (fronte á rúa de S. Xoan, e na outra marxe), resto da antiga vía. Foi esta unha época de grande prosperidade, en que o noso antepasado recibiu a primeira capa cultural.
Arte romano en As Pontes:
So se conserva un monumento pertencente a esta arte: a Ponte Romana; situado no Chamoselo e sobre do río do mesmo nome (afluente do Eume), nome que responde as circunstancias históricas dos séculos XIV y XV, dado que tal paraxe era inmediato a forteza do Conde Don García Rodríguez de Valcarcel e lugar de aviso ou chamada ao achegarse a mesma; sendo esta ponte un eslabón da vía romana Lugo-Ría do Ferrol.
Era esta unha das vías secundarias que xunguían a Capital Xurídica e mailo Centro Radial (Lugo) co mar, descritas nas crónicas do Emperador Antonino Caracalla co nome de (MAE PER LOCA MARÍTIMA). Este camiño é mentado po-lo historiador Castroviejo, quen da conta de que pasaba po-lo Val de As Pontes e que xa fora usado antes de Cristo, nos transportes do mineral (estaño) de Orizón (Lugo) a ría do Ferrol.
A Ponte es una construcción xenuinamente romana con muro denso e compacto. Entre dos catro xéneros de construcción romana (sillería, mampostería, ladrillo e formigón) pertence esta puente a unha mestura dos dous primeiros: consiste nun so arco, semicircular, duns tres metros de radio, formado por perfil de sillería, E o restante corpo por mampostería. Todo el con
materiais da zona, sendo lousa na súa maior parte.
No seu interior a calzada (sen andeis) é estreita: de 2,10 mts.; o enton preciso para o paso de cuadrigas e carros. O arco conservase intacto; non así os pretis que repetidamente sofren despropósitos, causados por rapaces irresponsables e por transportistas desaprehensivos que o transitan con cargas excesivas.
A Vía Romana seguía a traveso da actual Tras da Puente, onde non existiu ata o século XIV a Ponte Vella, construída por D. García Rodríguez de Valcarcel; ingresaba no Río Eume mais abaixo da referida ponte, mediante unha rampla (cuxos restos e muros de contención aínda existen) sendo vadeado o río a cabalo e pasadeiras, a cuxo paso chamaban Porto dos Bois (porto=paso difícil) e facían uso tamén de balsas, de onde recibiu o nome de Balsa o lugar adxacente.
Teodosio, noso veciño:
O emperador Teodosio o Grande, é de natureza española. Se ben que os historiadores so saben que naceu nun pobo chamado Cauca, e por existir en Segovia a aldea de Coca, atribúeno á tal provincia. Nembargantes os escritores contemporáneos coinciden en opinar que non pode ser en Segovia (así o P. Flórez, Fracisco Jose Velozo, etc.) Por outra parte hai fundamento dabondo para situar a berce de Teodosio na aldea de Coca de Mañón: Teodosio morreu no ano 395, e no 379 o Bispo de Chaves, Hidacio, escribiu unha crónica na que di: Teodosio, de nacionalidade hispana, pero oriúndo de Cauca, que é un concello de Galicia, foi nomeado Augusto por Graciano.
Zósimo, historiador grego, tamén di que Teodosio naceu en Cauca, concello de Galicia, en Iberia. Claudiano, poeta latino, tamén deste tempo, dedicou varios poemas a Honorio, fillo de Teodosio, nos que, falando de Teodosio di: (…Ti, que xa canso, vaste bañar ó remuíño do océano onde naciches, para purificarte nas ondas hispanas, coas que de neno xogabas…). Estas
testemuñas dan conta de que Teodosio naceu en Cauca de Galicia, xunto do océano. Así mesmo relata Plinio que no norte de Galicia habitaba a tribo dos Ceuci (Caucos); desta tribo derivan os investigadores a orixe dos lugares chamados Couce, que abondan no Freixo e zona Norte. Cauca era a Capital dos Caucos. (Ó transcribir os latinos, chamaron Coca). Esta aldea atopase preto da ría do Barqueiro, onde o Océano se arremuíña na Estaca de Bares.
Foi Teodosio un grande Emperador, temible para os Bárbaros. Dado que a capital de Galicia era o Convento Xurídico de Lugo, moitísimas veces haberá pasado po-lo noso Vale do Eume, dende a súa patria cara a Capital, po-lo camiño real: Faladoira, Freixo, As Pontes, Vilalba…
A cidade de Valverde:
Unha antiquísima tradición, coñecida en toda As Pontes, da conta de que no noso vale existiu en tempos unha cidade, chamada Valverde, a cal foi afundida por castigo divino. Este relato pode parecer simple lenda, mais non o é, segundo demostramos de seguido.
En primeiro lugar, é sorprendente que tal tradición fora coñecida lonxe de As Pontes; por exemplo, en Mondoñedo: o erudito catedrático de Latín do Seminario, Dr. D. Francisco Fanego Losada, natural do mesmo Mondoñedo, tennos referido que seus antergos contaban que nun lugar non moi afastado había una florecente cidade, chamada Valverde, situada nas beiras da lagoa Carrucedo, afundida no limo por castigo de Deus, en tempos de Santiago Apóstolo. O Dr. Fanego sospeitaba si se trataría acaso da cidade romana cuxos restos existiron na ría de Viveiro, pero demostran o contrario os feitos:
A).-A raizame da tradición na comarca de As Pontes.
B).-Que no noso Vale existan os nomes mentados na antiga lenda: Hai lugar de Carracedo, por onde probablemente estendíase a lagoa Carrucedo, o seu terreo é aínda pantanoso case que lagoa. Ademais conta a lenda (na parte coñecida en As Pontes) que era Valverde unha cidade populosa, pero que se botou ó vicio e a prevaricación, de aí o seu castigo. Ó afundir morreron tódolos habitantes, a excepción dunha rapaza que saíu nadando e pedindo auxilio a
Santa Eulalia.. Era a única persoa que non tiña compartido co vicio e a prevaricación e por iso salvouse. Naquel enton soaba por toda a Península o nome de Santa Eulalia, pois acababan de ser martirizadas po-lo Prefecto Romano Diocleciano as rapazas Eulalia de Mérida e mais Eulalia de Barcelona (po-lo ano 300). E continua a lenda: que aquela moza, en acción de gracias,
construíu a ermida, na que foron atopados materiais remotos (unha estatua, etc.), na corta do carbón. Ídem po-lo inglés D. Eliseo, na sondaxe da Conca.
Unha proba mais evidente:
Ao face-los traballos da Conca Mineira a Empresa Calvo Sotelo, no estremo N. da mesma, apareceron vestixios de antergas edificacións e incluso un cemiterio, procedentes dunha antiquísima cidade, que o señor enxeñeiro da Conca atribuíu ós Celtas, pero que sen dubida é algo posterior: da época romana paleocristián, segundo o demostran o vocalismo existente e a mentada lenda, a cal corresponde sen dubidas a cidade afundida; ou ben unha cidade Celta, cristianizada despois.
E de notar que Portorroibo era terreo de sedimentación e de aluvión, onde moi probablemente houbo unha lagoa. A vía romana pasaba po-la nosa ponte romana, Vilabella e a Cidade de Valverde na súa rota cara a Ferrol. Buliqueiras significa: sinais de lumes; sen dubida que desde tal monte comunicaban á cidade avisos luminosos.
A existencia de nomes semellantes nas aldeas do mesmo contorno fan mención a nosa primitiva Cidade; así Toxo-verde, Toiverde que significa: entrada verde deToi-Verde), etc…
Tal foi a nosa remota cidade, na cal habería residido un dos Bispos ordenados po-lo Apóstolo Santiago, xa que adoitaba atende-las cidades directamente e encomendaban os pequenos núcleos aos simples sacerdotes.
Era paleocristiá: (Séculos I-V)
Esta plenamente demostrado que Santiago, po Maior, predicou persoalmente o Evanxeo na Galicia: a Sede Compostelán nunca dependeu de Toledo, como demostrou no 1217 o Bispo de Santiago contra Rodrigo Jiménez de Rada. San Isidoro, na súa obra: De óvitu et Ortu Santorum (século VII) di que Santiago predicou o Evangelio sen ocasus, isto e: en Finisterre.
Os Catálogos Bizantinos din que Santiago morreu no ano 44; o 25 de xullo foi sepultado en Acaia Hispánica (Galicia).
Nos dous primeiros séculos, en plena dominación romana, cuxo Convento Xurídico (lugar da administración de Xustiza) era a praza de Lugo, os bispos de Campaña chegaron ó noso vale predicando o Evanxeo por mandato do Mestre Santiago, o Fillo do Trono; residían nas cidades mais importantes (Brigantium, Iria Flavia, etc.), de onde se desprazaban; despois fóronse establecendo noutras cidades mais pequenas, sen dubida que a nosa cidade de Valverde tería
Bispo ou alomenos un Presbítero fixo, por ser un pobo importante, pois, a Igrexa Primitiva adoptou a organización do Imperio Roman, atendendo as aldeas dende as cidades.
Deste xeito foi estendéndose o cristianismo. Nas distintas comarcas van aparecendo unhas “societates” de cristiáns, que darían a orixe as parroquias. Tais “societates” tíñan moito auxe xa no século IV, en que o Bispo de zona designáballes un presbítero.
Destas datas temos restos históricos na Comarca: os vellos cemiterios de Pontoibo e Ribadeume xunto cos sartegos atopados neles proban a existencia de primitivas parroquias. Ademais os nomes existentes na zona de S. Vicente de Pontoibo: “Porto da Vila”, “fincas da Vila”, etc., demostran que alí (onde hai antiquísimo cemiterio) houbo un poboado ou Vilas.
Corresponde a idea de que o val foi lagoa ou non houbera no mesmo restos coma nos arredores (Ribadeume, Pontoibo, etc.). Tan so que ouberá existido a cidade de Valverde nunha das márxes. No S.O outro feito importante deste tempo é a formación da provincia Galetia, po-los romanos (século III), incoación do Reino de Galicia que sería independente ata Alfonso VI, cando Castela absorbeu Galicia.
Arte cristiá da época romana en As Pontes:
Correspondentes a este xénero posuímos en As Pontes algúns Cemiterios Paleocristiáns onde foron atopados sartegos e cámaras funerarias. Tais coma os cemiterios de Pontoibo, Ribadeume e Santa Eulalia de Portorroibo.
En Pontoibo (As Pontes), arredor da ermida de San Vicente, nun arranxo do adro, quedaron descubertos os perfís superiores de varias cámaras funerarias construídas con lousa e un sartego de granito, todo nunha peza, coa feitura do corpo human perfectamente logrado. A súa cavidade interior mide 1,60 mts. Descubrimento que delata a existencia dunha célula primitiva de cristiáns. Este tipo de enterramentos pertence (ó parecer dos historiadores) aos primeiros séculos e este tipo de sartego (totalmente liso) corresponde as épocas de persecución relixiosa (séculos I-IV) no que, para no ser recoñecidos, non lles grabavan ningún tipo de sinal.
Foto1.jpg

O sartego conservase (sen tapa) xunto a devandita ermida.

Así mesmo, en Ribadeume (a 5 Kms. de As Pontes) apareceu, nun traballo de apertura dun camiño de acceso a igrexa parroquial, outro cemiterio Paleocristiá con furnas de lousa, do tipo Cista, e outro sartego de granito, ben logrado, con cavidade interior de 1,70 mts.
Foto2.jpg

Conservase (tamén sen tapa, que ao parecer era de lousa) a carón do templo parroquial. É tamén liso, po-lo que pertence a mesma época co de Pontoibo. Época da primeira evanxelización destas terras po-los Presbíteros de Campaña da Se de Iria Flavia, fundada por Santiago Apóstolo; (no parecer do historiador eclesiástico Bernardino Llorca Segundo). Segúndo os historiadores López Ferreiro e Couceiro Freijomil, o Varón Apostólico Natael, compañeiro de Apóstolo, predicou o Evanxeo na rexión do Eume.
A ermida de Santa Eulalia de Portorroibo (a 5 Kms. de As Pontes) era a mais anterga da Comarca.Segundo a tradición popular de As Pontes, fora fundada no século do martirio de Sta. Eulalia (s. IV), por unha persoa supervivente no afundimento do poboado que alí había, nun terreo pantanoso o Pobo de Valverde. Esta lenda vese confirmada po-los restos de construccións
primitivas aparecidas na “corta” do carbón da referida paraxe e po-los hachazgos ocorridos nas exploracións do verán do 1973, efectuados nas devanditas ruínas, po-los mozos d O.J.E.
Os hachazgos foron: unha ara romana de granito, con inscricións ilexibles e cun relicario no seu lado esquerdo, perfectamente logrado, mediante cavidade pentagonal. A ara mide uns dous metros de lonxitude e é poligonal, de catro caras.
No adro da mesma, e no ángulo norte, apareceron duas cámaras funerarias, construídas con lousa, a un metro de profundidade, unha del tipo sartego (de 1,65 metros) e a outra de tipo Cista, rectangular e de pequenas dimensións. Na primeira había lixeiros restos humanas en xeito de costra negrura.
No demais contorno da ermida, e a mesma profundidade, apareceron anacos de ladrillo de construcción romana, feitos de barro cocido vermello, algúns con mestura de po de ferro (extrana mestura).
Foron atopados, en tais exploracións, varias moedas do século XV, un anaco de espada curva, unha peza de lousa decorada ao estilo Neo-Rupestre Medieval, etc.: todo iso danos a antigüidade romano-cristia desa ermida, os anacos do mentado ladrillo indican a existencia de construccións soterradas con baseamento dese material, o cal pertence ó catalogado po-los anticuarios co nome de Ladrillo da Legio Séptima Géminas, usado na construcións adicadas a soterrar-la xente.
granito.jpg

A ara romana da ermida de Santa Eulalia:
Nas excavacións feitas po-lo Campamento Xuvenil da O.J.E., sobre das ruínas da histórica ermida de Sta. Eulalia del Portorroibo (As Pontes) en agosto do 1973, foi atopada unha importante Ara Romana, consistente nun monolito de pedra (granito), de xeito prismático cuadrangular, cunha lonxitude preto de dous metros e uns corenta centímetros de anchura en cada unha das caras.
Ara.jpg

No plano superior posúe unha inscrición pouco lexible, na que se aprecian as verbas (…BIXDO XlNOR..), que poden interpretarse (Bispo Señor…). O seu extremo esquerdo conten unha cavidade de xeito pentagonal cuns trinta centímetros de profundidade, e que ten, na súa entrada, un batente ou encaixe da tapa (que non se conserva). Esta cavidade constitúe sen dúbida un “relicario” para os restos de Mártires que, en grandes porcións, levaban os altares da Igrexa antiga e incluso na Alta Idade Media.
Este Ara é un exemplar xenuinamente romano (así o cualificou o Director da Escola Provincial de Arqueoloxía do Movemento D. José Eugenio Fernández Barallobre, que presidiu as devanditas excavacións).
Plano Ara.jpg

Estructurase igual ca dos altares romanos, dos que so se diferencia na posición ou asento: estes consistían tamén en monolitos prismáticos cuadrangulares, pero postos verticalmente, quedando a cavidade na parte superior, a cal usaban para depositar ofrendas; os cristiáns primitivos (acollendo e cristianizando elementos pagáns) fixeron uso deste tipo de altar, posto horizontalmente lembrando os sartegos dos mártires que servían de altar nas catacumbas e usaban o oco ou relicario para depósito de restos dos Santos.
Así describe os altares romanos e a cristianización dos mesmos a Gran Historia Xeral dos Pobos Hispanos), obra dirixida po-lo Dr. Luis Pericot García.
Así mesmo afirma o grande liturxista e historiador Ludwing Eisenhefer que a practica de poñer reliquias no altar debíase ó empeño manifestado no período paleocristián, de poñer nas igrexas martiriais-, que entón construíanse en grande numero -o altar na relación mais estreita posible co sepulcro do mártir venerado. Por elo, poñían o altar dereitamente sobre do sepulcro, ou ben constituíano dentro da mesma pedra Ara. Segundo esto é probable que houbera nesta Ermida restos de Sta. Eulalia, martirizada no século IV durante a persecución de Diocleciano.
O hachazgo de varias cámaras funerarias estilo paleocristián no adro da mesma ermida confirma a procedencia da Ara que ten que remontarse á Era Paleocristiá ou Romano-Cristia (séculos I-V). Ben poidera datar do século do martirio de Sta. Eulalia, respondendo á tradición popular de As Pontes que a tal data a eleva, despois de terse afundido o poboado adxacente (o Pobo de Valverde) de que se fala. O bispo que menta a inscrición haberá sido fundador ou benfeitor da Capela e tivo que ser un bispo Apostólico de la Sede de Iria Flavia, a cuxa demarcación pertencía o noso Val.
Abrigámola esperanza de descifra-la inscrición cuxo texto pode darnos luz acerca da orixe da Ermida.
Os templos primitivos levaban o altar separado dos muros; nembargantes ó facer a excavación a nosa Ara apareceu pegada á parede da cabeceira. Como a Ermida sufriu reparacións o longo dos séculos e, no s. XVI caeu en desuso a practica do altar separado da parede, sería enton colocada naquela posición.
Debaixo da mesma había sete moedas de cobre e bronce; cinco do século XVI e as outras duas d XVIII (actualmente depositadas no Museo da O.J.E. da Coruña), procedentes sen dubida de ofrendas dos fieis e que caeron por algunha regaña entre o Ara e a parede.
Inscripcions da ara romana, atopada en Santa Eulalia (Portoroibo, As Pontes)
BIXDO
XINOR
REIALION
OINLA
…………
(ilexible)

As dúas primeiras palabras aparecen claras. Non así as outras dúas. A súa apreciación e só aproximada.
Bixdon, responde sen dubida á curruptela do latín Episcopus (Bispo),que dspois pasou ao romance galego: BISPO=Obispo. Xinor responde tamén aos vocablos embrionarios do romance galego, enton nos comezos, para dar orixe a verba Señor, que orixinariamente significaba home venerable e que derivou do latín SENEX, que ao corromperse pasou por (sinor) e sinon. As outras duas palabras (menos lexibles) son os nomes do santo bispo bienfeitor ou cuxas reliquias posueo o ara no seu relicario. Tal bispo non figura no (elenco) do Episcopado Mindoniense, xa que esta Diócese foi erixida por decreto do Concilio I de Dumio (Braga), no ano 561 (diócese Dumiense; 1ª sede en Bretoña). Polo tanto a personalidade deste bispo haberá de buscarse en
data anterior, na lista de bispos da sé de Iria Flavia, sé única entón no Noroeste de Galicia.
Cecais que a única fonte posible de consultar sexa a grande obra do P. Flórez “España Sagrada”, nos seus vinte e tantos tomos. (O tomo XVIII posúe lista dos bispos que residiron en Bretoña).
Outra versión acerca da ermida de Santa Eulalia: Colaboración de D. Gonzalo Aguiar Cajete.
A ermida é de pequenas dimensións, aproximadamente 4 mts. de ancho por doce ou quince de longo. Esta orientada na dirección Este-Oeste, tendo a porta hacia o Oeste. Na entrada hai unha especie de adro formado por dous muros duns 80 centímetros de altura, que se cerran a xeito de semicírculo.
Os muros, coa excepción do dintel da porta, que é de granito; son de lousa. Laxas de lousas postas derriba doutras forman os muros dunha altura de uns dous metros. Entre das lousas hai unha masa de arxila ou barro.
No interior, sobre das paredes, recebouse cun cemento con area e foi pintado con cal. No tellado, tamén de lousa, estaba sostido por vigas de madeira cravadas noutras vigas que existían derriba dos muros laterais. O chan, polo menos a parte correspondente ó altar, é de grandes lousas graníticas.
Tiña unha fiestra, especie de troneira, mais ampla no interior e moi estreita por fora, recordaba as fiestras románicas. Era rectangular. Atopábase na dereita ó fondo (segundo se entraba), e debía dar luz ó altar. Estaba cara ó Sur.
Cas que na esquina dereita ó fondo, ó lado do altar, había na parede unha especie de pequeno oco (afundido na parede) feito por bloques de granito mais ou menos traballados. Debía ser coma unha especie de lugar para viñateiras ou poñer algún utensilio do oficiante.
As pedras de granito estaban pintadas na súa cara dianteira cunha pintura vermella e morada, pero os motivos case que no se vían, semellaban adornos. A esquerda, na esquina do fondo, había unha mesa feita cun bloque de granito apoiada sobre doutras pedras. O lintel da porta estaba feito con granito. A peza superior era un so bloque e tiña un par de fendeduras ou ocos labrados, un circular e outro cadrado.
A peza mais curiosa era, nembargantes, a pedra que debía ser o ara, ou sexa o altar. Era un bloque granítico duns 250 Kgs., dun metro de longo por medio de ancho e 30 centímetros de alta. Era un prisma rectangular cuns pequenos resaltes nos extremos. Parece ser, segundo outros bloques, que puideran encaixar na reconstrucción, que estaba apoiado noutras pedras e quedaría erguido ata cintura.
Unha das súas caras, que correspondería a base pequena do prisma, tiña un burato labrado, case que cúbico. Puidera ser a propia ara, ou lugar da reliquia. Tanto esta como a cara oposta estiveron pintadas con cal, e derriba debuxos ou letras en vermello e morado o mesmo co receptáculo da parede.
A cara superior, estando o altar na súa posición orixinal, estaba dividida en duas partes por unha fendedura tarada, e ámbolos lados aparecían letras gravadas aínda que xa moi borrosas e desgastadas.
As duas sepulturas que apareceran atopábanse na parte esquerda da capela (ollando ó leste), paralelas a esta, ámbalas dúas en liñas e separadas do muro un metro e medio ou dous.
Estaban feitas por laxas de lousa. Unha tiña figura antropomorfa e collía nela un neno de uns dez ou doce anos; estaba orientada coa cabeza o leste e os pes ao oeste, ou sexa, ollando cara a este ultimo punto. Estaba tapada con outras lousas. A outra era mais pequena, unha caixa rectangular, coma unha especie de osario ou para un recen nado. Atopáronse a pouca profundidade, uns trinta centímetros. Cavouse á mesma altura na parte dereita da capela, pero sen obter ningún froito.
O único material que se atopou na capela, debaixo do altar, entre das lousas do chan, foron unhas pezas de cobre, moedas de Carlos III e anteriores. No exterior, e incluso debaixo do chan interior atopáronse cachos de terracota de dous tipos distintos.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios