Historia IV – Terra de Castros.

Temos castros na Galiza en todolos lugares e case que podemos dicir que a calquera altitude debido a que son lugares destinados a desenrolar neles as actividades dos grupos constructores que, por un lado pretendían acadar unha protección, axeitándoos para iso e, por outra parte, procuraron que os recursos que aseguraban a súa supervivencia estivesen achegados uns dos outros.


Así, atopamos castros situados en vales fértiles nos que a poboación adicabase á agricultura e á gandería; castros de alta montaña cunha adicación fundamental á mineiría e a metalurxia, aínda que adoitaban compaxina-la coa gandería; finalmente, os castros costeiros que presentan as actividades pesqueiras como seu principal sustento. De todolos xeitos, a maioría dos castros galegos atópanse a unha altura media duns 500 metros.

Castro-2.jpg

É preciso ter en conta que o contexto xeográfico condiciona moito a construcción dun castro, posto que en moitos casos pode mudar a forma da súa planta para axeitarse ó terreo, ou ben ofrecer unhas defensas naturais no caso de lugares escarpados ou de grandes rochas que son aproveitadas con moita maña polos constructores integrándoas no seu sistema defensivo. Pola súa situación xeográfica podemos atopar tres tipos fundamentais de castros:
– De interior, que soen emprazarse en penedos non demasiado altos. De planta ovada ou redonda.
– De montaña, a cotío sitos nas ladeiras e presentando na parte superior foxos e na inferior murallas. De planta ovada. Posiblemente aumentan coa chegada dos romanos e o incremento que nese momento se da á mineiría.
– Costeiros, que posúen unha planta de forma variada debido ós emprazamentos que se escollen como as puntas de faixas costeiras nas que o istmo actuará coma un elemento defensivo (por se-lo único lugar de chegada) poñéndolle murallas e foxos.
Baronha-00.jpg

Polo que se refire a tamaño, as medidas poden variar moito duns a outros. De algún xeito, a súa extensión tamén está xunguida ó emprazamento xa que algúns espacios non permiten unha gran amplitude de construccións polas súas condicións xeográficas.
En principio, pódense facer clasificacións tendo en conta que non todolos estudiosos inclúen as mesmas estructuras nas súas medicións e que as medidas aproximadas en metros, son as dos dous eixos como é o mais corrente, porque non todolos investigadores dispoñen dos medios técnicos axeitados para medicións mais precisas.
-Castros maiores ( 700 x 300 ) coma o de San Cibrán de Lás, que soen corresponderse coa época dunha forte romanización na época do imperio.
-Castros medianos ( 100 x 100 ) coma o de Viladonga que perdura ata ben avanzada a romanización.
-Castros pequenos ( 85 x 60 ) que soen se-los mais antigos. É interesante notar que en moitos casos un castro menor pode sufrir distintas ampliacións a xeito de bancais, con muros de contención, dándolle á súa planta un aspecto labiríntico.
Anque hai autores que negan o carácter defensivo dos elementos que se enumeran, aínda que a maioría sí acepta ese carácter baseándose no que parece a explicación más evidente, posto que outros motivos non explicarían tanto esforzo constructivo. A situación do castro pode se-lo primeiro elemento defensivo cando está nun lugar de difícil chegada nun terreo escarpado. Os foxos son unha especie de gabias de gran tamaño, que no caso de castros encravados en zoas rochosas chegouse incluso a cortar esas rochas para face-lo foxo. Os terrapléns están unidos á construcción dos foxos porque úsanse os materiais extraídos destes últimos para facelos. Acostuman estar formados por un amontoamento de terra e pedras ós que se unen, as veces, un pequeno muro.
Soen presentarse xuntos foxo e terraplén, xa que un depende do outro para a súa construcción. A altura destes terrapléns é moi variada, segundo o terreo no que se poñan, pero pódese afirmar que a media vai entre os 5 e os 10 metros. Os parapetes soen protexer os lugares mais vulnerables e sitúanse por diante das murallas ou dos terrapléns. De cotío constrúense cos materiais retirados da cavación dos foxos.
Muro-2.jpg

As murallas son as defensas mais duradeiras e tamén as mais difíciles de construír xa que usase para iso a pedra, e é preciso sacala das canteiras e levala ata o lugar de asentamento. Nunha primeira etapa os constructores limitábanse a poñer as pedras sen telas traballado antes e sen ter en conta as súas caras, amontoando sobre delas terra e pedras pequenas para rematar cunha líña de estacas a xeito de estacada. No segundo momento sí se ten en conta a cara externa para regularizala, pasando despois a unha fase de curvatura das pedras para chegar finalmente a unha construcción de ringleiras horizontais semellando selleiras, constituíndo murallas de grandes dimensións.
Muralla 2.jpg

As pedras fincadas no chan, de feitura aproximada á cúbica e que se poñen, moi preto unhas doutras, por diante dos foxos e parapetes. Teñen como finalidade impedi-lo paso dos xinetes nun hipotético ataque. É un tipo de defensa moi pouco usado na Galiza (só na zona oriental), pero sí moi utilizado na Meseta.
San Isidro.jpg

Os antecastros non aparecen en todolos asentamentos e son uns espacios semipechados que sitúanse por diante do recinto central ou acrópole e por detrás dos foxos. Están limitados por pequenos muros. No se sabe con exactitude a finalidade de tais recintos, xa que na maioría non se atopan restos de construccións, pero pódese supoñer que servían para garda-lo gando, aínda que, dada a amplitude dalgúns deles, puideron ser utilizados como lugares de cultivo de certos productos. É a parte principal do castro que é a primeira en ser habitada ao iniciarse nela a construcción das primeiras vivendas. Soe ocupa-la zona mais chan do castro.
As construccións agrúpanse facendo unidades habitacionais que constituídas por varias habitacións que rodean un espacio aberto e libre que se utilizaba para levar a cabo distintas actividades. Estas unidades posiblemente estean relacionadas coa tendencia a diferencia-las distintas tarefas e o espacio específico no que estas vanse desenrolar. Son unidades que aparecen nos castros anteriores á conquista romana e que estarían relacionadas coa casa-adro mediterránea, aínda que se chega a eles por unha evolución propia. Estas unidades acostuman ter un recinto principal habitacional constituído por unha vivenda de planta circular con lareira, aínda que o resto de edificacións teñan formas angulares.
Nos recintos para almacenaxe soen aparecer canles para a evacuación da auga, accesos elevados, etc, que permiten protexer os alimentos da humidade. Os talleres son de mais difícil emprazamento e non é estraño que aqueles nos que se deba utilizar lume sitúense a carón das murallas ou fora delas para evitar posibles queimas.
Pódense clasificar as distintas tarefas en relación co espacio do seguinte xeito:
-Vivenda, onde se realizan os actos precisos para subsistir coma o abeiro, a alimentación e algunhas actividades industriais coma o tecido, o muíño e incluso a pequena metalurxia. A encargada de levar a diante estas actividades sería a familia.
-Unidades habitacionais onde se fan traballos de construcción e acondicionamento do espacio, coidado do gando, recollida e almacenamento de alimentos e outros obxectos precisos, etc. Participan neste traballo grupos familiares mais amplos que nos da vivenda. Os artesáns especialistas levaban a cabo as tarefas a gran escala como a metalurxia, tódolos habitantes do castro participan nas tarefas comúns como poden ser: a construcción de muros, parapetes ou alxibes.
Ademais, esta unidades formarían parte doutras superiores coas que compartirían outros espacios como as rúas, como as que se atoparon en certos castros, sistemas de desaugue moi complexos para a saída da auga de choiva, evitando inundacións. Por outra parte, a superficie ocupada polo castro soe ter unha certa inclinación para evitar igualmente os encharcamentos.
A posibilidade de ter auga era un elemento importantísimo á hora de empraza-lo poboado, polo que é moi común atoparse con fontes no interior do castro, ou con alxibes. Son, evidentemente, espacios de uso común que acostuman estar reforzados con muros de mampostería, presentando algúns deles, chanzos que fan doada a recollida da auga. Nalgúns lugares aparecen uns baños provistos dun forno, que son coñecidos como “Pedras Formosas” e que constan de tres partes: a primeira aberta e con un estanque, a segunda pechada cunha pedra decorada que só deixa pasar arrastrándose a traveso dun pequeno furado, e que sería a zona de baño, na terceira estaría o forno que daría a calor. As vivendas teñen como característica que cada unha ten a súa propia parede medianeira, aínda que estean moi achegadas unhas ás outras.
Predominan as de planta curva o elíptica, aínda que tamén a planta angular está presente en moitas delas; os constructores castrexos parecía sentir certa aversión polos ángulos rectos, de aí que os redondeen, incluso en construccións rectangulares. As paredes non adoitaban ser moi altas (pouco mais dun metro) e podían presentar celosías con esculturas. Pola súa parte interior aparecía un elucido que as recubría. Tamén se atoparon restos de pintura de distintas cores: azul, branco, ocre, etc.
Esquinasredondas.jpg

Polo que se refire ós teitos, son os que levantan o espacio cunha cuberta vexetal formada por mollos trenzados e, nalgúns casos, cuns contrapesos de pedra para evitar que se levantase co vento. Posteriormente as cubertas fanse de lousa e, en contacto cos romanos, con “tegulae” e “imbrices” que só abondan realmente en construccións rectangulares. Aínda que nun castro pódese atopa-la convivencia dos distintos tipos de cubertas.
Chobo.jpg

Nas vivendas de maior tamaño suxeitadas o teito mediante un poste central do que partían un sistema de varas semellantes ás dun paraugas que sostiñan todo o entrabado; estas varas adiantaban a parede e chantábanse no chan, creando en todo o arredor un habitáculo protector polo que se podía andar.
As portas serian de madeira e estaban mais altas ca o nivel das rúas para evita-la entrada da auga. Nalgúns casos, atopáronse linteis e marcos decorados. Tense falado moito da falla de portas nunha serie de construccións castrexas, nas que resulta evidente que o acceso debía facerse pola parte alta do muro a traveso dunha escada que os levaría ata o chan interior, un pouco mais baixo co nivel da rúa. A finalidade deste tipo de entradas era preserva-la vivenda da humidade e da entrada dalgúns animais, así como manter unha temperatura interior mais estable ca de fora.
O chan pode ser de terra pisada, de arxila, de barro ou, incluso nalgúns casos, enlousado. Sobre del y no medio da casa estaba o lar, construído con pedras planas ou de barro, moitas das veces debuxado. Do lado da porta adoitábase protexer o lume do vento cunha pedra situada de pé, xunto da que se poñían outras pedras que serven de soporte para os postes nos que se colgaban os utiles para cociñar sobre do lume.
Para que podades afondar no mundo castrexo, aqui tedes atallos:
www.aaviladonga.es/ga/castro.htm
Castro de Viladonga
www.aaviladonga.es/ga/exp-garciaybellido.htm
Museo do Castro de Viladonga
www.terra.es/personal/arealo/situacion_castro.htm
Castro de Baroña
www.boiro.org/Castros.htm
Castro de Boiro
www.asturies.com/paxina.php?fpaxina=ahistoria3
Paxina asturiana, na sua lingua e dos seus castros.
http://personales.mundivia.es/navia/castrodeCoana.htm
www.siemprenorte.com/Coaña
www.siemprenorte.com/Castros/histdes.htm
Castro de Coaña-Asturias
http://personal2.redestb.es/naveiras/castros.htm
www.siemprenorte.com/Castros/chaosamartín.htm
Castro de Chao Sanmartín
http://www.ctv.es/USERS/davcor/contenido/patrimonio/castro.htm
Castro dos Prados
www.dondeonline.com/castropol/castro1.htm
Castropol
www.aviladigital.com/finalfotos.asp?id_solofoto=47
Castros en Avila
www.ctv.es/USERS/davcor/contenido/patrimonio/origen.htm
Castros do Ortegal
www.angelfire.com/folk/gzunida/castrexa.htm
Mapa do mundo castrexo
www.geocities.com/xufp/castros_avion.html
Os Castros de Avión-Ourense
www.siemprenorte.com/Castros/mohías.htm
Castro de Mohías
www.siemprenorte.com/Castros/pendia.htm
Castro de Pendia
www.siemprenorte.com/Castros/sanisidro.htm
Castro de San Isidro
http://corbu.aq.upm.es/~a24600/castromaoc.htm
Paxina dos Castros de Celanova
www.siemprenorte.com/Castros
Castros do Val do Navia
www.dicoruna.es/municipios/Ares/castros.htm
www.dicoruna.es/municipios/Cabana/castros.htm
Paxina da Deputación da Coruña sobre os Castros de Ares e Cabana
www.sobrado-es.com/castellano/historia/castros.php
Paxina sobre os Castros de Sobrado dos Monxes-Historia
www.sobrado-es.com/castellano/historia/castro.php
Paxina sobre os Castros de Sobrado dos Monxes-Descripción
www.sobrado-es.com/castellano/historia/castro_origen.php
Paxina sobre os Castros de Sobrado dos Monxes-Orixe e lindeiros
www.sobrado-es.com/castellano/historia/castros_a.php
Grixalva, Sante, Sucastro, Cotós e Lagoas
www.sobrado-es.com/castellano/historia/castros_b.php
Seixo, Vilanova, Vilariño, Cruceiro e Castronelas
www.sobrado-es.com/castellano/historia/castros_c.php
Froxa, Madelos, Folgos, Porcelle e Corredoiras
www.aaviladonga.es/e-castrexo/es/enlaces.htm
E aqui, unha boa morea deles.

También podría gustarte
Comentarios