Hitachi comercializa un DVD gravador cun disco duro de 400 Gb

Lendo codigocero.com:
“Hitachi lanzou un novo vídeo-gravador que combina o almacenamento de vídeo nun disco duro de 400 Gb cunha gravadora de DVD, soportando discos DVD-RAM, DVD+RW e DVD-RW.
O MS-DS400 chegará ás tendas do Xapón a uns 1.128 euros, mentres que tamén se comercializaría unha versión co 250 Gb de disco duro a uns 970 euros.”…


…”O dispositivo permite a gravación en diversos modos segundo a súa calidade, de xeito que poderían chegar a almacenar no seu disco duro unhas 200 horas de vídeo a unha calidade máis que aceptable, polo que estariamos ante un dos sistemas deste tipo de máis capacidade do mercado.
Inclúe funcións avanzadas, como un sistema de lectura da información da programación baseada nos EPG de diversas plataformas televisivas que, onde estean operativas permitirían a gravación de eventos completos aínda que se prolongase a súa duración. Estamos ante a clara evolución dos sistemas de gravación domésticos xa que a gravación previa no disco duro permite funcións (como eliminar a publicidade da programación televisiva) que doutro xeito serían imposibles no caso de almacenar as proxeccións directamente nos discos DVD virxes.”
Fonte: codigocero.com

También podría gustarte
Comentarios