Amigus
As Pontes

II CAMPUS DE NADAL CR FENDETESTAS

A semana pasada tivo lugar en As Pontes o II Campus de Nadal CR Fendetestas.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

 Este campus, organizado polo CR Fendetestas en colaboración co Concello de As Pontes, ten como obxectivo promocionar o rugby a través dun ambiente lúdico. 

Nesta edición, o campus celebrouse durante os días 26, 27 e 28 de decembro de 10:00 a 18:00 e nel participaron 30 nenas e nenos de entre 6 e 16 anos. As xornadas leváronse a cabo no Campo indoor e no novo Campo artificial. Ademais de rugby, os e as participantes puideron realizar outras actividades como karts, patinaxe sobre xeo, Ludinadal… E os xogadores e xogadoras máis experimentadxs desfrutaron dunha xornada de tecnificación en Lugo con Juan González Marruecos (adestrador da selección española feminina de rugby) e dunha clase teórica sobre regulamento e tácticas de xogo. 

Como peche do Campus, o venres pola tarde celebrouse unha Tocata de Clube na que participaron xogadorxs do Campus, familias, nenos e nenas da Escola de rugby Alvac CR Fendetestas, xogadores do equipo sénior e persoas siareiras que se achegaron ao Campo artificial do Poboado. 

Nova cortesía do CR Fendetestas

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios