II Edición da ceLANova PARTY

Lendo mancomun.org:
” A ceLANova PARTY 2006 é a segunda edición da que se considera a primeira party informática no concello de Celanova (e na provincia de Ourense, fóra do ámbito universitario). No programa inclúense conferencias e talleres sobre temas de informática de actualidade, entre eles, o Software Libre.
Celebrarase no Claustro Barroco do Mosteiro de San Salvador de Celanova. Disporase dunha rede LAN de 10/100 Mbs e WireLess 802.11g, acceso a Internet cun grande ancho de banda (estase a negociar para ofrecer unha conexión de 96Mbs). Está organizada pola Oficiña de Información Xuvenil do Concello de Celanova e ofértanse 70 prazas cun custe de 15€. “…


Fonte: mancomun.org

También podría gustarte
Comentarios