Amigus
As Pontes

Inscríbete nas Xornadas Galego-Lusófonas de Sw Libre do Porriño

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Lendo agnix.org:
“Do 30 de novembro ao 3 de decembro 2006 celebraranse no Concello do Porriño as I Xornadas Galego-Lusófonas de Software e Coñecemento Libres promovidas e organizadas por AGNIX e co total apoio e implicación do actual goberno do concello. Podes inscribirte de balde aquí ou tamén premendo no banner.”…

porrinho.gif


…”O evento ten un atractivo programa que xirará ao redor de seis mesas temáticas e obradoiros técnicos, para os que contará cunha moi ampla participación de personaxes relevantes. Nesta ocasión haberá xentes do Brasil, Portugal e Galicia xa que a lingua é un dos motores das xornadas. Pénsase ter representantes da diáspora galega, principlamente de Hispanoamérica, en vindeiras ocasións.
As xornadas contan co apoio de GALPon, Mancomun.org, Direción Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información da Consellería de Innovación e Industria, CESGA e mailo Xacobeo.
Ata a súa celebración amosaremos polo miúdo moitos máis detalles. “…
Fonte: agnix.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios