Italtel volve ó traballo
[RTVi-As Pontes] A partir de Xullo as máquinas de Italtel volverán estar a pleno rendemento. E é que antonte os operarios da fábrica de decodificadores recibiron a
comunicación da dirección de que xa se asinou un contrato coa multinacional
ADB.

A planta de Italtel en Penapurreira terá que servirlle 30.000
decodificadores á multinacional ADB. Así llo comunicaban antonte directivos
da fábrica ós empregados. Os aparellos terán que producirse no prazo dun
ano, o tempo que terá vixencia o contrato asinado con ADB. Desde que se deu
a coñece-la noticia, o entusiasmo volveuse sentir na fábrica, xa que non hai
que esquecer que os traballadores viron en varias ocasións como foron
esvacendo as expectativas de encargas.
Aínda que a fabricación dos decodificadores non comezará ata o mes de Xullo,
os 31 empregados da fábrica de Italtel en Penapurreira están xa activos, ó
ter que encargarse eles mesmos de adapta-las máquinas ó novo proceso
productivo. Ademáis hai que lembrar que a liña de producción leva tres anos
parada, execeptuando catro días no pasado Nadal e outras tantas xornadas a
semana pasada.
Os operarios están entusiasmados co fin da crise que desde hai uns tres anos
afecta a todo o mercado das telecomunicacións. Os empregados tampouco
esquecen o apoio recibido polos veciños das Pontes nas múltiples
manifestacións convocadas.
Agora a dirección negocia cos traballadores un adianto nas súas vacacións.
Deste xeito garantirase que a partir do mes de Xullo xa estean de volta na
fábrica tódolos operarios.
SERVICIO DE NOTICIAS DE RTVi-AS PONTES
aspontes.org
prensa@aspontes.org
981 45 31 89
981 45 31 90 (fax)