IV XUNTANZA DE VECIÑOS DA PARROQUIA DE VILAVELLA

O pasado sábado, 28 de agosto, celebrouse na Vilavella a cuarta xuntanza de veciños desta antiga parroquia pontesa. Preto de 250 persoas procedentes das desaparecidas aldeas hoxe afincadas na propia vila pontesa e nos concellos da comarca, así como veciños dos lugares que aínda existen nesta parroquia reuníronse nunha animada xornada de confraternidade.
O reencontro de veciños, de amigos da infancia, de coñecidos, todos cuns anos máis ás costas, escenas de apertas e bicos fóronse sucedendo segundo ían chegando ó lugar, que non podía ser outro que o que escribiu a historia desta parroquia, onde sempre se celebrou a festa, a Vilavella, á carón da súa emblemática igrexa, á beira do río Eume. A xornada, que estivo acompañada dunha boa climatoloxía, comezou cunha misa e posterior procesión, seguida de música co Trío Chylaba e o xantar a base de polbo e churrasco. Como en anos anteriores, tamén houbo unha exposición de fotos antigas con escenas familiares, eventos sociais, festividades, vodas, primeiras comuñóns.
A parroquia da Vilavella foi unha das que máis sufriu a desaparición do seu territorio e das súas aldeas, debido á explotación da mina, como Acivido, Almigonde, A Barosa, Carracedo, Cartilida, Casal da Boa, Casa Longa, Castro da Uz, Ferreira, O Meidelo, Os Mouros, O Outeiro, A Palloza, A Parrocha, A Picheira, A Ponte da Pedra, O Portorroibo, O Ribeirón, O Vilar e A Vilavella-Igrexa, lugar que hoxe está deshabitado e do que só se conserva a igrexa, o cemiterio e varias casas restauradas sen uso algún.
vilabella_2010_01.jpg


A PARROQUIA DE VILAVELLA
A parroquia da Vilavella é de forma irregular, cun territorio estreito e alongado que vai dende a propia igrexa ata a aldea de Rámez situada ó norte. Linda ó norte co concello das Somozas, ó sur coa parroquia de Ribadeume, ó leste coa das Pontes e ó oeste coas de Espiñaredo e Goente. Ten uns 31 quilómetros cadrados nos que viven 201 habitantes (209), repartidos nos lugares de Alimpadoiros (8), O Bidueiro (6), A Carballeira (6), O Castelo (3), Cheiván (3), A Esfarrapa (8), Maciñeira (23), Penapurreira (4), Rámez (3), Reboredo (9), Saa (93) e Vila (35).
A mina, hoxe sen actividade e xa convertida en lago, e a escombreira ocupan gran parte do seu territorio, sendo o norte montañoso, destacando a Pena da Fonte Roiva (582 m) e o Monte da Cartilida (523 m). En canto ós ríos, os principais son o Eume, Ponte da Pedra (dende Veiga canalizado) e o de Maciñeira e os regos de Cheibán e da Esfarrapa.
Na Vilavella atopáronse vestixios dos primeiros asentamentos humanos, como un vaso campaniforme (6000 e 2800 a.C.) e un torques de ouro. Tamén existen mámoas, moitas delas desaparecidas, así como o castro con tres muros paralelos de protección que estaba no lugar do Castro da Uz.
A igrexa parroquial é do século XV, sendo a súa fachada do XVIII. No seu interior conserva un retablo (s. XVIII) e unhas imaxes talladas entre os séculos XV e XVII. En Saa, o lugar máis habitado da parroquia, construíuse en 1966 a capela da Nosa Señora do Pino e máis recentemente na aldea da Esfarrapa erixiuse a nova capela de San Cristovo, antigamente situada no Vilar e que fora construída no século XVIII pola familia Fresco, veciña de dito lugar.
En 1845 a parroquia da Vilavella contaba con 127 veciños e 630 habitantes, que gozaban dun clima benigno e saudable, repartidos nos lugares de Acebido, Maciñeira, Meidelo, Monte, Mouros Sá e Vilabella. A súa igrexa parroquial estaba servida por un cura de entrada e padroado real e eclesiástico.
As súas festas celebrábanse de moi antigo a finais de agosto na honra a San Andrés, pois antigamente esta parroquia era coñecida como San Andrés do Bosque.
Vilabella, 28 de Agosto de 2010 (AF)
vilabella_2010_01.jpg
vilabella_2010_01.jpg
vilabella_2010_01.jpg
vilabella_2010_01.jpg
vilabella_2010_01.jpg
vilabella_2010_01.jpg
vilabella_2010_01.jpg
vilabella_2010_01.jpg
vilabella_2010_01.jpg
vilabella_2010_01.jpg
vilabella_2010_01.jpg
vilabella_2010_01.jpg
vilabella_2010_01.jpg
vilabella_2010_01.jpg
vilabella_2010_01.jpg
vilabella_2010_01.jpg
vilabella_2010_01.jpg
vilabella_2010_01.jpg
vilabella_2010_01.jpg
vilabella_2010_01.jpg
vilabella_2010_01.jpg
vilabella_2010_01.jpg
vilabella_2010_01.jpg
vilabella_2010_01.jpg
vilabella_2010_01.jpg
vilabella_2010_01.jpg
vilabella_2010_01.jpg
vilabella_2010_01.jpg
vilabella_2010_01.jpg
vilabella_2010_01.jpg
vilabella_2010_01.jpg
vilabella_2010_01.jpg
vilabella_2010_01.jpg
vilabella_2010_01.jpg
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios