Liga Local de Futbol Sala de As Pontes
Xornada moi igualada e disputada vivida este pasado domingo na Liga Local de Futbol Sala na que a maioria dos encontros se resolveron pola mínima. Unha xornada na que a clasificación segue a estar moi igualada nos postos de cabeza.
Xornada moi igualada e disputada vivida este pasado domingo na Liga Local de Futbol Sala na que a maioria dos encontros se resolveron pola mínima. Unha xornada na que a clasificación segue a estar moi igualada nos postos de cabeza.
A xornada arrincaba as catro da tarde cun apaixoante encontro entre o líder a Unión Futbol Sala e o Estanco Maricarmen. Encontro que cumpriu as expectativas e que se decidiu ao final a favor do líder cun marcador de 5 goles a 4 resultado que afasta ao Estanco Maricarmen un pouco mais da loita polo título.
Ás cinco da tarde xogaron O Esteo F.S. “B” e o Pinturas Colormix un encontro moi igualado no que o Pinturas Colormix conseguiu adiantarse no marcador pero que O Esteo deulle a volta para gañar por 2 goles a 1 deixando ao Pinturas Colormix sin as poucas opcións que tiña para clasificarse directamente para os cuartos de final da Copa Local de Futbol Sala.
A continuación A Cova dos Trasnos e o Matojoma-Las Torres enfrontoranse nun encontro tamen moi igualado que se decidiu cando o Matojoma-Las Torres decidiu ir a polos tres puntos sacando porteiro-xogador a pista e unha perda de balón propiciou que A Cova dos Trasnos desfixera o empate no marcador quedando o encontro cun resultado definitivo de 3 goles a 2 a favor de A Cova dos Trasnos.
O encontro das sete da tarde entre o Bar Calvo e o Ribadeume F.S. non se celebrou porque estes últimos non se presentaron polo que o Bar Calvo fixose con tres puntos sen vestirse de corto xa que o encontro deuselles por gañado por 3 goles a 0.
O colista o N.G. UB2 Futsal puxo en apuros ao Husse-Barbarroja no derradeiro encontro da xornada. Un encontro mais igualado do previsto no que o N.G. UB2 Futsal estivo a punto de conseguir o segundo punto da tempada pero un erro defensivo foi aproveitado polo Husse-Barbarroja para subir o 2-3 ao marcador a pouco do final resultado que sería definitivo.
En relación ao ranking de goleadores Diego Polo da Unión Futbol Sala parece ter sentenciada esta particular clasificación xa que con 34 goles, nove mais que o segundo nesta lista Airon do Bar Calvo con 25, ten na man o conseguir ser o máximo goleador da competición.
A Liga Local sufrirá un paron ata o domingo día 12 de Marzo debido á celebración dos carnavais e tamen pola ocupación do Pavillón Municipal con outra actividade.
LIGA LOCAL DE F.S. AS PONTES TEMPORADA 2016/2017
XORNADA Nº 15
5 | UNION FUTBOL SALA | ESTANCO MARICARMEN | 4 |
2 | O ESTEO F.S. “B” | PINTURAS COLORMIX | 1 |
3 | A COVA DOS TRASNOS | MATOJOMA-LAS TORRES | 2 |
3 | BAR CALVO | RIBADEUME F.S. | 0 |
2 | N.G. UB2 FUTSAL | HUSSE-BARBARROJA | 3 |
CLASIFICACIÓN
POSTO | EQUIPOS | PX | PG | PE | PP | GF | GC | PUNTOS |
1º | UNION FUTBOL SALA | 15 | 11 | 2 | 2 | 66 | 32 | 35 |
2º | BAR CALVO | 15 | 11 | 1 | 3 | 78 | 29 | 34 |
3º | A COVA DOS TRASNOS | 15 | 11 | 1 | 3 | 55 | 35 | 34 |
4º | ESTANCO MARICARMEN | 15 | 9 | 3 | 3 | 60 | 47 | 30 |
5º | MATOJOMA-LAS TORRES | 15 | 8 | 0 | 7 | 62 | 49 | 24 |
6º | HUSSE-BARBARROJA | 15 | 5 | 3 | 7 | 41 | 43 | 18 |
7º | RIBADEUME F.S. | 15 | 5 | 1 | 9 | 49 | 65 | 16 |
8º | O ESTEO F.S. “B” | 15 | 5 | 1 | 9 | 39 | 61 | 16 |
9º | PINTURAS COLORMIX | 15 | 2 | 3 | 10 | 38 | 44 | 9 |
10º | N.G. UB2 FUTSAL | 15 | 0 | 1 | 14 | 30 | 101 | 1 |
GOLEADORES
DIEGO POLO (UNION FUTBOL SALA) 34 GOLES
AIRON (BAR CALVO) 25 GOLES
SANTI (BAR CALVO) 19 GOLES
DIEGO PELLON (ESTANCO MARICARMEN) 18 GOLES
Nova cortesía de Moises Fernández