LIGA COMARCAL DE FÚTBOL-8 FEMININO: CD AS PONTES B – FC ORTIGUEIRA (6-0)

Terceira xornada de liga e vitoria ampla do As Pontes B feminino sobre o Ortigueira por seis goles a cero en partido da liga comarcal de fútbol-8 xogado na tarde de onte no anexo do campo do Poboado en tarde ventosa, pero agradable e con boa presenza de afeccionados.
Entretido partido entre pontesas e ortigueiresas con superioridade do equipo de Javier Salido perante un Ortigueira que ó longo do partido puxo vontade pero pouco puido facer ante o mellor xogo do conxunto B do As Pontes. Salientar que no derradeiro minuto do partido a xogadora visitante, Victoria, nun lance fortuíto do xogo resultou lesionada no ombreiro esquerdo o que facía pensar nunha grave lesión, pero ó final a cousa só quedou nun pequeno susto. Logo desta primeira vitoria en dúas xornadas disputadas, o As Pontes está na metade da clasificación con tres puntos e na vindeira xornada xoga en Ferrol diante do Aspirantes.
futbol_femenino_01.jpg


CD AS PONTES B: Jessi, Paula, Sabela, Cristina García, Andrea, Antía, Cristina Moirón, Janira, Chipi, Natalia e Uxía
FC ORTIGUEIRA: Laura, Victoria, Adriana, Yolanda, Sonia, Vanesa, Fátima, Crisiña, Alicia e Cristina.
ÁRBITRA: Raquel Ortega, da delegación de Ferrol.
GOLES: Chipi (2), Antía (2), Cristina Moirón e Janira.
RESULTADOS
1ª XORNADA
Cariño-As Pontes B (2-0)
Meirás- Ortigueira (0-5)
2ª XORNADA
Ortigueira-Cariño (1-3)
Aspirantes-Meirás (4-0)
Nova cortesía de A.F.
futbol_femenino_01.jpg
futbol_femenino_01.jpg
futbol_femenino_01.jpg
futbol_femenino_01.jpg
futbol_femenino_01.jpg
futbol_femenino_01.jpg
futbol_femenino_01.jpg
futbol_femenino_01.jpg
futbol_femenino_01.jpg
futbol_femenino_01.jpg
futbol_femenino_01.jpg

También podría gustarte
Comentarios